Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 11.10.2019 Actualizado 19:57
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Segunda maior porcentaxe de España

As mulleres representan o 39% dos empresarios individuais en Galicia

SANTIAGO. EP  | 09.08.2019 
A- A+

As mulleres representan o 39 por cento dos empresarios individuais de Galicia. Esta proporción sitúaa como a segunda comunidade con maior peso deste sexo entre os seus autónomos (unhas 44.780), ademais de Asturias e Valencia, segundo o estudo sobre Empresarios individuais realizado por Informa D&B.

A taxa de mulleres emprendedoras varía segundo a autonomía, desde o 40% que suman en Asturias ata o 24% no que quedan en Melilla. En Canarias quedan no 32% e en Madrid non chegan ao 33%. En números absolutos, Andalucía é a que reúne máis autónomas, 104.104, seguida de Cataluña con 93.978.

A nivel nacional, as mulleres representan só o 35% dos empresarios individuais en España e son 582.206. A evolución desde 2015 non mostra demasiados cambios, xa que entón supuñan o 34%.

Por sectores, a presenza feminina varía "significativamente". Así, entre os autónomos do transporte as mulleres son só un 8%; un 11% no caso de industrias extractivas e un 13% en agricultura. Con todo, en tres sectores as empresarias individuais superan aos homes: noutros servizos alcanzan o 65%, en sanidade un 62% e en educación un 56%.

En canto ás ramas de actividade dos diferentes sectores, en construción as autónomas non chegan ao 3%; mentres que en venda e reparación de vehículos de motor son pouco máis do 7%. A cifra total máis elevada de empresarias individuais atopámola en Comercio, 190.168, a maior parte dedicadas ao Comercio polo miúdo, onde son case 173.000. Ademais, en actividades inmobiliarias hai rexistradas 148.640 mulleres autónomas.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS