Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 23.04.2018 Actualizado 13:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

As provincias da Coruña e Pontevedra terán este venres aviso amarelo por forte ondada

MADRID/SANTIAGO. EP  | 12.04.2018 
A- A+

As choivas e as tormentas ocasionais poderían afectar este venres a boa parte da Península e Canarias e as precipitacións máis fortes produciranse en Cádiz, Málaga e Cataluña, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que avisa por neve e fenómenos costeiros a catro provincias, entre elas A Coruña e Pontevedra.

En concreto, terán aviso de risco (amarelo) por nevadas, Segovia e Soria, onde se poderán acumular até cinco centímetros de neve. Pola súa banda, A Coruña e Pontevedra tamén terán aviso amarelo por mar combinada do oeste e ondas de catro metros.

En xeral, este venres será unha xornada con ceos moi anubrados ou cubertos con precipitacións na Península e Baleares, onde poderían estar acompañadas ocasionalmente de tormentas e, en Cataluña e no Estreito poderían ser localmente fortes.

Ademais, a AEMET sinala que se poderán producir nevadas débiles en zonas altas da metade norte. Con todo, non se esperan precipitacións no sueste peninsular. Pola súa banda, en Canarias espérase un día anubrado e con choivas no norte das illas, especialmente nas de maior relevo.

En canto á cota de neve, na cordilleira Cantábrica situarase entre os 1.400 e 1.800 metros; no nordeste peninsular a partir de 1.600 a 1.800 metros e no resto situarase entre 1.000 e 1.400 metros e subirá a 1.400 a 1.800 metros. Nas zonas altas da metade norte poderían producirse xeadas.

As temperaturas diúrnas descenderán no Cantábrico, Canarias e litoral do Mediterráneo e subirán na meseta sur e Estremadura, área mediterránea peninsular e Canarias. Pola contra subirán en Galicia e Estremadura e permanecerán sen cambios en Baleares.

Por último, a AEMET informa de que este venres o vento soprará
do norte en Canarias; do oeste virando a compoñente sur no litoral de Andalucía; de compoñente leste chegarán ao nordeste peninsular e a Baleares, mentres que predominará o vento frouxo de compoñente sur no resto. No Estreito e litoral de Alborán poderá haber tamén refachos fortes.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS