Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 14.12.2018 Actualizado 20:51
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

As rúas e prazas de Galicia énchense de mulleres en loita pola igualdade

A concentración máis multitudinaria viviuse en Vigo, onde do mesmo xeito que o pasado domingo, unha concorrida marcha saturou o centro da cidade // "Éxito" da folga nos pobos

SANTIAGO. EP  | 09.03.2018 
A- A+

Miles de mulleres secundaron hoxe en Galicia os paros parciais convocados polos sindicatos maioritarios e seguiron as concentracións convocadas polos principais movementos feministas polo Día da Muller.

A concentración máis multitudinaria viviuse en Vigo, onde do mesmo xeito que o pasado domingo, miles de mulleres saturaron o centro da cidade coas súas reivindicacións a favor da igualdade, en contra da brecha salarial, a precariedade laboral e a violencia de xénero, entre outras.

Nunha breve conferencia de prensa, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que a causa da convocatoria da folga é tan importante que "calquera que se opoña equivócase" e concluíu: "Existe unha tensión a favor da igualdade imposible e parar".

Aos paros masivos convocados por UXT, CCOO e CIG de forma parcial, e que foron un "éxito", segundo valoraron, sumáronse tamén as persoas que fixeron folga total convocadas por outros sindicatos minoritarios.

Na capital galega tamén varios miles de persoas sumáronse ás distintas concentracións convocadas e posteriormente marcharon en manifestación polas rúas céntricas.

Distintos alcaldes, ademais, sumáronse ás marchas e concentracións, como Xulio Ferreiro (A Coruña), que participou na lectura dun manifesto e pola tarde acudirá á manifestación.

Tamén Jorge Suárez (Ferrol), que izou a bandeira feminista no concello xunto á concelleira de Muller e Igualdade, Saínza Ruiz, coincidindo coa xornada de folga de mulleres, "un día alegre" e no que mostrou o seu "orgullo como alcalde".

En Ourense concentráronse un tres mil persoas na Praza Maior, mentres que en Lugo participaron varios centenares de persoas nas distintas concentracións convocadas.

Outras concentracións producíronse na sede central do Goberno galego en Santiago, onde baixo a lema "Iguais e libres" os integrantes do Executivo autonómico encabezaron unha concentración.

Na conferencia de prensa posterior á reunión semanal do Executivo, Alberto Núñez Feijóo asegurou que a causa da igualdade é "unha "compartida por todos" e mostrou o seu "absoluto respecto" para todas as mobilizacións que se produciron ou se producirán no día de hoxe, así como tamén o pediu para aqueles que entenderon "non procedente" secundar as mesmas.

Tamén se concentraron ante as portas do Parlamento galego deputados do PP e do PSdeG, mentres que os de En Marea e BNG optaron por acudir a outras concentracións.

Nas concentracións de Lugo participou o portavoz de En Marea, Luís Villares, mentres que na de Vigo fíxoo Gonzalo Caballero (PSdeG) e en Santiago participou Ana Pontón (BNG).EFE

Centos de persoas participaron en diversos actos de protesta en Ferrol con motivo da xornada de paro feminista que vive Galicia este xoves. O colectivo de mulleres pertencentes á administración de Xustiza protagonizou unha concentración desde as 11,00 horas ante a entrada principal do edificio xudicial, na rúa Coruña.

A portavoz do colectivo, Begoña García, trasladou, en declaracións a Europa Press, que este día protagonizan "un dobre paro", un como traballadoras de xustiza e "outro como mulleres traballadoras".

A Praza da Ilustración e o Cantón de Molins tamén acolleron unha concentración convocada polos sindicatos Comisións Obreiras e UXT, desde as 12,00 horas, coa presenza dun bo número de estudantes.

Así mesmo, ás 12,30 horas, celebrábase unha mobilización organizada pola CIG, ante o edificio administrativo da Xunta, na Praza de España.

A responsable da Secretaría de Muller, Nicolasa Castro, asegurou que "os paros están a ser todo un éxito", nos que "moitas mulleres se sumaron á folga das dúas horas" nunha xornada que afrontan "con moita ilusión".

En canto a cifras concretas, estimou que máis dun 50% das mulleres están secundado os paros a nivel xeral, mentres que, noutros, como pode ser Navantia Ferrol, "están a seguirse pola práctica totalidade das mulleres".

De feito, en Navantia Fene, produciuse na concentración de traballadores ante as portas do estaleiro entre as 10,00 e as 12,00 horas, mentres que en Ferrol a mobilización tamén se congregou ante as portas da entrada principal, desde as 12,00 horas. As mulleres situáronse xusto detrás da pancarta e o paro foi secundado por practícaa totalidade das empregadas de Navantia Ferrol, unhas 300, sobre un persoal duns 2.000 traballadores.

A céntrica Praza da Peregrina en Pontevedra acolleu este mediodía unha multitudinaria protesta feminista nesta xornada de paro de mulleres, cun marcado ton reivindicativo e festivo.

O acto foi convocado polo Colectivo feminista de Pontevedra e, previamente, ás 12.00 horas, unhas duascentas persoas participaron na concentración organizada pola Deputación provincial.

A presidenta da institución, Carmela Silva, destacou esta xornada de protesta "imprescindible". "Temos centos de razóns para facer unha folga que é tamén un chamamento contra os comportamentos machistas", advertindo de que as mulleres queren "a metade de todo", porque son "a metade da poboación".

"Éxito" da folga nos pobos

A federación de mulleres rurais (Fademur) destacou o "éxito" da folga convocada polo 8 de marzo, día internacional da muller traballadora, tamén nos pobos.

"A loita feminista é un exercicio de valentía que, lamentablemente, require mesmo maiores sacrificios no medio rural, onde todo o mundo coñécese", afirma a asociación a través dunha nota de prensa.

Asegura tamén que "entre todas" se está "facendo historia" e apunta que "mesmo aquelas mulleres rurais que non podían deixar os seus traballos só en mans dos homes hanllas ingeniado para cumprir polo menos os paros parciais".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS