Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 21.09.2017 Actualizado 20:28
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

As teses políticas defendidas por Villares impóñense ás de Beiras en favor de "maior radicalidade democrática"

O portavoz fixo chamadas á "incorporación total" das emendas dos críticos e apelou ao "principio de fraternidade" como forma de construír unha "fronte ampla de esquerdas"

SANTIAGO. EP  | 15.07.2017 
A- A+

O documento oficialista sobre o modelo a seguir por En Marea impúxose este sábado ás teses presentadas polo sector crítico e que contaban co respaldo do histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras en favor de dotar á formación "dunha maior radicalidad democrática".

Ao plenario saíu o propio portavoz, Luís Villares, a defender a súa visión e a reiterar a súa oferta de pacto, que non foi tida en conta; mentres o texto de 'Recuperar En Marea', concibido como unha emenda á totalidade, foi presentado por Antón Dobao.

Durante a intervención de Villares foron constantes as chamadas á "incorporación total" das emendas dos críticos e, de feito, apelou ao "principio de fraternidade" como forma de construír unha "fronte ampla de esquerdas".

No entanto, Antón Dobao obxectou que as liñas dos dous documentos son "incompatibles", xa que o seu grupo oponse á deriva cara a "un partido clásico" que tomou, ao seu xuízo, a formación rupturista.

"Non é un debate dunha persoa ou de cargos. É un debate do que somos e queremos ser", incidiu Dobao, para logo criticar que, ao longo dos últimos meses, En Marea transixa" e derive " cara a "un partido clásico", o que contradí ao espírito de "unidade popular" que, segundo esta liña, "non pode morrer nunha coalición electoral".

"NON NOS OBRIGUEDES A ESCOLLER"

Tras isto, Villares volveu ao estrado para censurar que, na exposición da emenda á totalidade, os críticos non argumentaran "en que consistía a imposibilidade de acumular un documento a outro". "Non nos obriguedes a escoller", pediu.

"Esta é unha emenda á totalidade da proposta política", respondeu Dobao, quen remarcou o carácter "contraditorio" dos textos, xa que os críticos propoñen "unha maneira de entender este espazo de forma diferente".

Xosé Manuel Beiras, quen esta mesma semana expresara o seu apoio ás teses políticas do documento 'Recuperar En Marea' a través das redes sociais, pediu intervir ao termo do debate, aínda que non lle foi concedida a palabra ao non solicitalo polas vías establecidas polo regulamento do plenario.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS