Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 23.10.2014  | Actualizado 09.50

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

CARTAS BOCA ARRIBA

O ascensor social

DIANA VARELA PUÑAL  | 26.09.2011 
A- A+

Se a educación é obligatoria e gratuita nunha fase, ó millor non ten que selo nas demáis. Estas declaracións de Esperanza Aguirre, ademáis de para comezarmos o outono tremendo, despexan calquera dúbida sobre a finalidade da campaña de desprestixio do profesorado, orquestrada nos últimos meses polo sector máis reaccionario da dereita. Fillos de traballadores cun único soldo na casa, todos os irmáns dunha mesma familia accederían a estudios superiores se a universidade non fose pública? Cantos nesas circunstancias o poderían permitir? A ensinanza pública é un dos poucos ascensores sociais “lexítimos”, dicía un profesor días atrás nunha entrevista radiofónica na cadena Ser.

Á fin, todo se reduce a un problema de clase; o que está ó alcance de calquera deixa de ser un mérito. Hai algunhas profesións, certos cargos, ós que non é recomendable que acceda determinado sector da poboación, pois porían en perigo os privilexios doutros. Esto que podera parecer esaxerado ou unha anacronía, confirmouno expresamente Warren Buffett, millonario americano que sen pudor nin vergoña recoñeceu que hai unha loita de clases, pero é a miña clase, á dos ricos, a que dirixe a loita e nós gañamos. Pouco resta por engadir. A crise económica é unha excusa pueril para levar ó seu rego o estado social e de benestar, cando non, para coutalo.

José María Barja, reitor da Universidade da Coruña, deu a voz de alarma sobre as terribles consecuencias que terá interrumpir a masa crítica docente e científica de calidade, valéndose para elo, engadimos nós, do recorte sistemático dos presupostos destinados á educación e formación en centros públicos. Non temos máis que lembrar o custo social, económico e cultural que tivo para España a longa noite do franquismo. Somella que non queremos aprender da nosa historia máis recente. Foi o núcleo do discurso co que o reitor inaugurou o curso académico. Engadindo que España, e máis concretamente Galicia, están lonxe da media do que invirten os países do entorno europeo tanto en I+D como en educación superior.

Só se trabucou nunha cousa o reitor. O custo económico e cultural foi a conta dunha maioría de xente traballadora, económicamente limitada. Pois houbo uns cantos privilexiados que vivían a corpo de rei, e seguen vivindo, en moitos casos. Ós que precisamente agora lles parece un dispendio a ensinanza ou a sanidade pública. Eles poden pagarllas ós seus cachorros, accederán a eses valiosos bens dun xeito ou doutro. Non así a maior parte do pobo. Desde aquí a homenaxe ós profesores e ós alumnos da ensinanza pública, obrigatoria ou non, perruqueiros, avogadas, mecánicos, doutores, informáticas, xuizas, mestres, investigadores, arquitectas… En boa medida quitaron o cheiro a alcanfor, a armario pechado deste país empeñado en dar un paso adiante e outro atrás. Que non é, como Esperanza Aguirre podería pensar, a canción do Show de Xuxa. Senón o verso de Xosé María Díaz Castro.


Diana Varela Puñal

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS