Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 30.10.2014  | Actualizado 01.00

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia  |   RSS - Galicia RSS

ECOS DA BERENGUELA

A Asociación do Románico de Chantada

XOSÉ LOIS GARCÍA  | 10.04.2012 
A- A+

Remata de presentarse en Chantada a recen legalizada “Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada”. A xunta directiva fundacional ten expresado a convicción e a prioridade dun traballo serio e constante ao redor dos monumentos medievais de expresión románica e non só, dos tres concellos que compoñen a comarca de Chantada: Carballedo, Chantada e Taboada.


As premisas programáticas, expostas na presentación, aséntanse na base de programas de estudio, divulgación e defensa do amplo patrimonio desta comarca, na que se contabilizan monumentos relixiosos, civís e militares que se espallan por unha ampla xeografía de enorme interés. No que toga a igrexas, camiños e calzadas medievais, e aos áticos castelos e torres que confirman boa parte da personalidade comarcal e, tamén, outros pormenores e diversidades que ofrece a arquitectura, iconografía, simboloxía, historia, economía, etnoloxía, pensamento social e tantas outras expresións que se fundamentan no románico comarcal. Parece ser que este será o punto de partida para fornecer e esclarecer un diálogo de descuberta e emancipación destes conxuntos.


Na discursiva programática, priorizouse sobre as necesidades e as carencias do patrimonio medieval e, tamén, no que respecta á rehabilitación deste patrimonio en dúas frontes: patrimonio material e inmaterial. Deste último se fixo fincapé a espazos históricos como o evocado polo trobador Xohán de Requeixo, no alto cume de Santa María do Faro, así como doutros temarios históricos que merecen de ser rescatados de múltiples esquecementos e desencontros.


Nese discurso inaugural, manifestouse o seguinte: “Nesta teima de emprender un novo camiño de rescate, estamos seguros en aportar un traballo serio por medio de debates, críticas constructivas para realizar un labor democrático e rigorosamente pluralista. Este patrimonio precisa de ideas que o salvagarden de raquíticos minifundios institucionais. Deica agora se ten demostrado iso, onde houbo grupos asociativos e belixerantes polo respecto monumental e pola reconstrucción da memoria, o avance foi positivo”.


Os membros da xunta directiva manifestaron, nese discurso inicial, concretas prioridades de certos monumentos que precisan de atención como é o de Santa María de Pesqueiras, que precisa dun acceso viábel e de iluminación para que as pinturas murais renacentistas, recentemente restauradas, expresen a súa incalculábel riqueza que fican limitadas por falta dun acceso idóneo que permita que este mosteiro do século XII sexa normalizado dunha maneira eficaz para un público que se interesa polo conxunto románico e polas pinturas, así como da riqueza paisaxística que está en consonancia e en interrelación co aspecto arquitectónico e simbólico.


As prioridades expostas foron extensíbeis ao secuestro da parede lateral sur do antigo mosteiro benedictino de San Salvador de Asma (O Convento), que o dono da propiedade lindante, que se asenta o antigo claustro de monxes non permite a entrada, sen que ninguén se interese por esa parte importante da fábrica románica, a non ser a Asociación de Veciños do Convento e, mesmo, do párroco. Tamén na de Fornas, novamente espoliada pola incomprensión dos depredadores de arte. Estás foron as prioridades marcantes así como outras dos concellos de Carballedo e Taboada.


Ao final desa programática discursiva, fíxose un alegato a tódalas persoas presentes no acto, para tomar conciencia e sensibilidade no que respecta a este patrimonio local da comarca de Chantada. Co fin de desenrolar os Estatutos da Asociación en varios marcos de traballo e de recadar novos socios. A esa chamada responderon unhas vinte persoas que se deron de alta nesta “Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS