Hemeroteca web
|
RSS
Luns 20.05.2013
| Actualizado 00.16
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ve "un parche máis" e "inxusto"
SANTIAGO. EP | 19.04.2012
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública considera "un parche máis" e "inxusto" o establecemento do copagamento farmacéutico en función da renda en lugar de por criterios de actividade laboral como sucede ata agora, polo que os pensionistas pasarían a pagar o 10 por cento dos fármacos mentres que os traballadores activos, pagarían a metade do prezo dos medicamentos en lugar do 40% actual.
En declaracións a Europa Press, o voceiro da asociación galega, Manuel Martín, explicou que con esta medida que o Goberno propón ás comunidades autónomas, "se pretende subir os impostos á xente que menos gaña".
"Facer pagar un 10 por cento dos medicamentos ás persoas maiores, que son os que máis enfermidades teñen e que consumen máis fármacos, é unha medida tremendamente inxusta", manifestou Manuel Martín, que criticou que se suban os impostos aos que menos gañan "e non aos defraudadores e evasores fiscais, aos que se lles perdoan" as súas débedas.
"Aos ricos non se lles saca nada e preténdese reducir o déficit ao subir os impostos aos que menos teñen e máis necesidade de medicamentos teñen", reprochou. Por iso, sostén que se trata dunha "medida inxusta e insolidaria" e "non vai contribuír a mellorar o déficit sanitario".
"Non parece razoable subir o 10 por cento a quen non o ten", sentenciou, para concluír que "non tocan os intereses dos laboratorios e recargan o esforzo aos pobres".
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.