Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 15.08.2018 Actualizado 18:37
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Asociación Galega de Editoras celebra do 13 ao 15 de xuño na Coruña o Encontro Galeusca

A CORUÑA. EP  | 13.06.2018 
A- A+

A Asociación Galega de Editoras celebrará do 13 ao 15 de xuño na Coruña o Encontro Galeusca, que terá lugar na Fundación Luís Seoane.

Segundo informa a organización, trátase dun encontro que contará con cinco sesións de traballo e un "panel de experiencias". Ademais, complementarase o programa coa exposición 'A igualdade de xénero non sector editorial galego' e cun espectáculo de poesía escénica.

A Asociación Galega de Editoras, que organiza este encontro en colaboración con asociacións de editores do País Vasco, Cataluña e Valencia, "trátase dun encontro profesional onde se conversará, debaterá e reflexionará sobre a situación editorial, a internacionalización do sector, os plans de igualdade e a igualdade de xénero".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS