Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 20.05.2018 Actualizado 12:20
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Asperga e Federación Autismo Galicia celebrarán o 17 de febreiro unha xornada reivindicativa en Santiago

'Benvido ao espectro' é unha iniciativa enmarcada "no ámbito da educación, a visibilización, a concenciación

A CORUÑA. EP  | 07.02.2018 
A- A+

A Asociación Galega de Asperger (Asperga) e a Federación de Autismo de Galicia celebrarán o 17 de febreiro, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, a xornada 'Benvido ao espectro', unha iniciativa enmarcada "no ámbito da educación, a visibilización, a concenciación e a reivindicación", segundo informan as entidades organizadoras.

Con esta perspectiva, serán persoas dentro do espectro do autismo e a neurodiversidade as que, como expertos pertencentes a diferentes ámbitos, expoñan as súas propias experiencias persoais "e axuden á sociedade a comprender as súas características e necesidades como colectivo".

Ademais, a xornada pretende crear un espazo de debate no que se intercambien e compartan "experiencias, opinións e visións en torno ao espectro do autismo e a neurodiversidade".

A xornada contará coa presenza de relatoras como a presidenta da Asociación para o Lecer e a Inclusión Social, Carmen Molina, diagnosticada de síndrome de Asperger; Francesc Marzo Bellot, escritor con esta síndrome e Daniel Jones, creador da canle de Youtube 'The Aspie World', onde achega a súa visión persoal, ou o astrofísico Francisco Violat.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS