Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Audasa prevé acometer obras de mantemento na AP-9, na Ponte de Rande

VIGO. EP
A- A+

Audasa informou de que o Ministerio de Transportes autorizou a execución de dúas obras de mantemento na AP-9. Segundo explica, trátase da reparación das xuntas do viaduto da PO-10 sobre a autoestrada galega, á altura de Pontevedra, e da substitución da argamasa das xuntas da Ponte de Rande.

O obxectivo é evitar posibles problemas na seguridade viaria e mellorar a comodidade na condución dos usuarios.

Audasa informa que a redución do tráfico, cun descenso superior ao 70% na intensidade media diaria (IMD) nas últimas semanas, supón "unha oportunidade para materializar unha mellora duradeira cunha mínima afectación para os viaxeiros".

Así, os traballos comezarán na Ponte de Rande o vindeiro luns 27 de abril ás 9.00 horas e prolongaranse até o xoves 30 de abril ás 13.00.

Sempre estarán dispoñibles, segundo indicou a concesionaria, dous carrís por sentido. Se por cuestións meteorolóxicas non se puidesen concluír as obras, precisou que se reiniciarán desde o luns 4 de maio ás 9,00 horas até o venres 8 de maio ás 13,00 horas.

No viaduto da PO-10, sobre a AP-9, os traballos levarán a cabo desde as 9,00 horas do 28 de abril até as 19,00 horas do 29 de abril. Estas obras, avanza a concesionaria, "poderán supor algún corte de carril de forma alternativa, ademais de pechar momentaneamente a saída cara a Vigo, coa alternativa para os vehículos de realizar un cambio de sentido na rotonda de Marín.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS