Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Aumentan a 30 os mortos en Galicia, que rexistra 1.598 infectados

SANTIAGO. EP  | 25.03.2020 
A- A+

Os falecidos en Galicia con coronavirus aumentaron a 30 en Galicia tras transcender o falecemento doutros tres pacientes infectados na Comunidade galega, que rexistra 1.598 casos de infectados. Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, o número de falecidos ascende a 30 persoas tras a morte de dous homes de 82 anos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña e outro home de 74 anos hospitalizado no Montecelo de Pontevedra. O tres tiñan patoloxías previas.

Segundo os datos de Sanidade deste mércores, os infectados en Galicia aumentaron a 1.598, o que supón 224 máis que este martes, cando había 1.374. Do total de casos, 389 corresponden á área da Coruña; 99 á de Lugo; 186 á de Ourense; 202 á de Pontevedra; 396 á de Vigo; 288 á de Santiago e 38 á de Ferrol.

Dos pacientes con positivo en Galicia, 69 permanecen en UCI, 409 en unidades de hospitalización e 1.120 atópanse no seu domicilio, concretou Sanidade. Até a data na Comunidade galega rexistráronse 25 altas de pacientes e realizáronse 7.936 test para detectar coronavirus en Galicia.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS