Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 18.10.2018 Actualizado 20:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A autopsia apunta a que Diana Quer morreu asfixiada por estrangulamento

Non pode concretar se houbo agresión sexual

SANTIAGO/MADRID  | 11.01.2018 
A- A+

A autopsia efectuada ao cadáver de Diana Quer apunta que a moza morreu asfixiada por estrangulamento. Os expertos forenses aínda non puideron especificar se se produciu agresión sexual, xa que están á espera de que os resultados de análises complementarias, segundo confirmaron a Europa Press fontes da investigación.

Con este informe preliminar, que foi posto a disposición das partes por parte do Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira (A Coruña), rebátese a versión de atropelo de José Enrique Abuín Gey, coñecido como 'o Chicle'.

Abuín atópase en prisión após confesar ser o autor da morte da moza que desapareceu o 22 de agosto e o municipio coruñés da Pobra do Caramiñal.

Os investigadores da Unidade Central Operativa (UCO) e da Policía Xudicial da Comandancia da Coruña acharon no pozo da nave de Asados onde apareceu o corpo de Diana Quer unha brida e o bolso da moza.

MÁIS ANÁLISE
Os forenses tratan de determinar agora se 'o Chicle' asfixiou á moza coas súas mans ou se se axudou dalgún outro obxecto, como bridas que se atoparon, polo que os forenses continúan coas análises.

Ademais, as probas practicadas até o momento aos restos mortais non puideron precisar o momento exacto da morte, para confirmar se foi no traxecto cara á nave de Rianxo ou nestas instalacións, indicaron fontes próximas á investigación.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS