Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 16.08.2019 Actualizado 13:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Os autores Alberto Vázquez e Martín Romero, galardoados cos Premios Castelao de Banda Deseñada

Decorado, curto do galego Alberto Vázquez - FOTO: UNIKO - Archivo
Decorado, curto do galego Alberto Vázquez - FOTO: UNIKO - Archivo

SANTIAGO. EP  | 07.08.2019 
A- A+

Os autores Alberto Vázquez e Martín Romero foron os gañadores do Premio Castelao de Banda Deseñada, certame da Deputación coruñesa que xa chegou á súa XIV edición.

O gañador de tres Premios Goya por obras como 'Birdboy', 'Psiconautas' ou 'Decorado' sitúase como un dos autores máis recoñecidos do panorama galego, e as súas pezas chegaron a prestixiosos festivais de todo o mundo como Cannes, EFA Award, Toronto ou Slamdance.

Vázquez resultou galardoado na categoría xeral do certame pola peza 'A Caza', unha obra na que destaca o "sólido" grafismo utilizado, coa técnica do sumi-e e tinta chinesa, ademais do "debuxo expresivo" co que xera unha unidade narrativa e "un mundo propio e persoal".

Doutra banda, o xurado decidiu recoñecer a obra 'Uxío' de Martín Romero na categoría infantil e xuvenil, da que se resalta que explota as "posibilidades narrativas" do medio e o uso "humorístico, divertido e adaptado á a idade" dunha filosofía sobre a vida e o cotián.

Romero é ilustrador, autor de cómics e director de animación, con obras como 'Las fabulosas crónicas del ratón taciturno', 'La deuda', ou 'La Noche', a súa primeira curtametraxe de animación.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS