Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Venres 24.05.2013  | Actualizado 12.57

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Autores e músicos piden que a Lei de Propiedade Intelectual inclúa un réxime fiscal especial

MADRID. EP  | 21.09.2012 
A- A+

"Os autores e os músicos estamos obrigados a explicar aos lexisladores, agora máis que nunca, cales son os problemas que temos e como poden axudarnos a solucionalos", dixo Teo Cardalda, presidente da Asociación de Compositores e Autores de Música (ACAM-ROAIM), ao finalizar a reunión cos portavoces da Esquerda Plural (GIP) na Comisión de Cultura onte xoves no Congreso.

Tras a reunión que Iván García-Pelayo, Teo Cardalda e José De Eusebio, por ACAM, e Chesús Yuste (Chunta Aragonesista-GIP) e Ascensión das Heras (Esquerda Unida-GIP) mantiveron, a organización profesional afirmou que é "decisivo para os autores que a futura nova Lei de Propiedade Intelectual articule un réxime fiscal especial que teña en conta as súas rendas irregulares. Igual que o teñen os artistas, os futbolistas ou os toureiros."

ACAM e GPI coincidiron, tamén, en rexeitar a precariedade na que miles de músicos en todo o Estado veñen realizando os seus concertos e xiras "en condicións laborais nulas e sen Seguridade Social", así como na "necesidade de afrontar plans de formación e prevención dirixidos a corrixir esta anomalía, nefasta para o futuro de todos os músicos".

Así mesmo, ACAM destacou, por outra banda, a súa "particular expectación pola nova Lei de Mecenado, que non chegará a tempo" e "a dubidosa maneira na que se resolveu o asunto da copia privada", temas que, xunto á "necesaria" internacionalización da defensa dos dereitos dos autores, ocupou gran parte da reunión.

ACAM reuniuse tamén o pasado mes de xullo cos portavoces dos grupos Popular e Catalán e o 6 de setembro cos dos grupos Socialista e de UPyD ao obxecto de tratar estes mesmos asuntos.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS