Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 23.11.2017 Actualizado 20:32
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 12 de 15 noticia anterior de Galicia Galicia  |   RSS - Galicia RSS

caso o garañón

O avogado de Besteiro pedirá a recusación de Pilar de Lara pola súa "animadversión" cara a el

SANTIAGO. EP  | 11.12.2015 
A- A+

Cándido Conde-Pumpido Varela, fillo do anterior fiscal xeral do Estado que actualmente exerce a defensa do líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, na causa na que está imputado por supostas irregularidades urbanísticas, anunciou este mesmo xoves que pedirá a recusación da xuíza instrutora, Pilar de Lara, dada a súa "animadversión" cara a el.

É a súa reacción á decisión da xuíza de poñer en coñecemento da Audiencia Provincial de Lugo un correo electrónico de Conde-Pumpido de xuño de 2014 no que lle advirte de que está en marcha un suposto plan para apartala da maxistratura e no que lle ofrece o seu "apoio" para "facilitar o seu traslado" da cidade amurallada a outro xulgado.

A través dun comunicado remitido aos medios de comunicación, o avogado galego argumentou a súa petición de recusación en que De Lara propón á Audiencia que se inicien "accións penais" contra el polo contido dese email. "Non pode ser tido máis que como unha denuncia da maxistrada á parte", interpretou Conde-Pumpido.

A iso sumou que as "vicisitudes" dunha "interesada e prospectiva investigación" son "rapidamente filtradas á prensa en período electoral, con ánimo de causar o maior dano posible ao PSOE" por parte de quen é "esposa dun representante do Partido Popular" e que "demostrou un desmedido interese en seguir tramitando unha causa sobre a que non ten competencia".

"PRETENDIDA POSICIÓN DE VÍTIMA"

Máis alá diso, o letrado lamentou que De Lara "utilizara de forma nesgada comunicacións persoais e privadas" que se produciron "nun ambiente de cordialidade" e "moito antes" de que asumise a defensa do xefe de filas do PSdeG.

Neste sentido, referiu que a relación "privada, confidencial e persoal" entre ambos os dous é "bastante máis ampla" do que, "de forma nesgada", a maxistrada formula. Para reforzar esta idea, achega un correo electrónico da xuíza no que ela lle comenta que espera que saia "pronto" unha praza en Gijón para trasladarse coa súa familia á cidade asturiana.

"O tenor dos devanditos emails e a súa cordialidade descarta a agora pretendida posición de vítima de delito algún", opinou o avogado, quen, ademais, negou "tallantemente" as acusacións. Ademais, reprobou que De Lara non respectara "nin tan siquiera as normas básicas da educación".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS