Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 22.08.2019 Actualizado 13:14
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Os avogados de Santiago celebrarán o día 22 a súa festa anual

Está previsto que asistan máis de 300 persoas

SANTIAGO. EP  | 13.02.2019 
A- A+

O Colexio de Avogados de Santiago celebrará o venres 22 de febreiro a festividade de San Raimundo de Peñafort, cun programa de actos aos que está previsto que asistan máis de 300 persoas, entre autoridades locais e autonómicas dos ámbitos xurídico, político e civil.

O programa comezará ás 18,00 horas cunha misa na Igrexa de San Paio de Antealtares en recordo dos compañeiros falecidos, informou a entidade colexial, para dar paso ao acto solemne no Salón Nobre do Colexio de Fonseca ás 19,00 horas, ao que asistirán máis de 300 persoas. A xornada pecharase cunha cea de confraternización nun hotel compostelán.

"É unha cita xa clásica para a profesión, a festividade de San Raimundo é a nosa festa anual, que ademais en 2019 coincide co 175 aniversario do Colexio de Avogados de Santiago", asegurou o decano da institución, Francisco Rabuñal.

DISTINCIÓNS
Este ano, o X Premio Dereitos Humanos entregarase á residencia de anciáns das Hermanitas da Caridade de San Marcos, "polo seu labor constante e desinteresado para mellorar a vida das persoas maiores", sinalou a entidade colexial.

Mentres, César Rúa Martínez, Pedro Trepat Silva e José López Fernández recibirán as insignias de Ouro do Colexio de Avogados de Santiago por cumprir 40 anos no exercicio da avogacía. Pechará o acto a tradicional xura ou promesa de novos letrados.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS