Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 19.06.2013  | Actualizado 13.49

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Aymerich aposta por unha reunificación do nacionalismo dentro do BNG

Critica os recortes do Goberno por considerar que levarán da "recesión" á "depresión"

VIGO. EP  | 20.07.2012 
A- A+

O deputado autonómico do BNG e secretario executivo de Abrente --colectivo recentemente creado dentro do BNG--, Carlos Aymerich, manifestou a súa aposta por que "o nacionalismo se volva unir" en Galicia, ao tempo que estimou que "esa unión debe darse dentro do Bloque Nacionalista Galego".

Así o afirmou en declaracións a Europa Press previas a un acto de presentación de Abrente en Vigo, nas que aludiu a que o manifesto fundacional do colectivo se expresa nese sentido. "Seguimos pensando que é necesario que o nacionalismo se volva unir e pensamos que esa unión debe darse dentro do BNG, pensamos que o Bloque debe seguir sendo a casa común dos nacionalistas", afirmou.

Aymerich apuntou, así, que "un dos motivos" de que dentro do BNG traballen e se estean a organizar é "intentar que canto antes se volva recompoñer a unidade do nacionalismo". Nese sentido, admitiu que "agora é moi difícil", se ben considerou que "o país así o demanda".

En canto aos colectivos escindidos do BNG, estimou que "tamén "terán que definirse". Así, indicou que hai unha está cara á "dereita" e outros que apostan por "outro tipo de opcións", máis "extremadas", se ben son "todas lexítimas" e merecen "tódolos respectos". Fronte a elas, considerou que "o BNG sempre estivo no centro defendendo á maioría" e aos "intereses sociais".

"Creo que debemos traballar todos para que se recompoña esa unidade do nacionalismo, sei que agora vai ser complicado pero é un horizonte polo que nós imos traballar", insistiu.

RECORTES

Por outra banda, Aymerich criticou as medidas de recorte do Goberno presidido polo popular Mariano Rajoy por considerar que levarán da "recesión" á "depresión". Ademais, considerou que ao xefe do Executivo "lle pasa o mesmo" que aos animais que se empregaban nos inicios da carreira espacial, pois "son outros os que dirixen" as naves.

En clave galega, apuntou que "o reto inmediato" son as eleccións autonómicas e, nese sentido apostou por "botar o PP da Xunta para facer políticas diferentes". A ese respecto, engadiu que "aí o PSOE ten que escoller en qué lado está".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS