Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

A ENCRUCILLADA DO NACIONALISMO GALEGO

Aymerich cre que o portavoz do BNG, Guillerme Váquez, non está pola integración

06.02.2012  Agradece que Jorquera aposte por "integrar", pero lamenta que as "expresións" de Vázquez non o fagan "tanto" // Insiste en que considera que "será moi complicado" continuar como voceiro parlamentario tras a reunión da Executiva deste luns

4.3/5 [6 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

O líder da corrente de Máis Galiza, Carlos Aymerich, agradeceu que "as expresións" do recén elixido candidato á Xunta do BNG, Francisco Jorquera, avoguen "pola integración" no seo nacionalista, aínda que lamenta que as do reelixido voceiro nacional, Guillerme Vázquez, non o fagan "tanto".

Nunha entrevista concedida á Radio Galega, que recolle Europa Press, Aymerich agradeceu a proposta "basicamente de Jorquera, que é quen estivo a falar máis de integración,", para continuar cun BNG unido tras os resultados da pasada Asemblea Nacional, e valorou que o deputado no Congreso fale "da necesidade de ser o candidato de todos". "E creo que ten capacidade para facelo", apostilou.

"Polo menos as expresións que escoitamos, non tanto de Guillerme Vázquez, senón por parte de Francisco Jorquera van nese sentido --da integración--", remarcou Aymerich.

Ao respecto, destacou a "necesidade" de "decisións concretas" en pro da unidade. "Ese BNG que saíu partido, partido ao 50 por cento practicamente da Asemblea, volva ser un solo BNG está moi ben dicilo, pero debe ir concretándose en asuntos, en decisións concretas,", advertiu Aymerich.

"A cuestión fundamental é que a integración pasa por que haxa unha repartición real de poder e de responsabilidades do BNG", sentenciou o líder de Máis Galiza, para demandar que "o aparato do BNG traballe para o conxunto do Bloque, e iso faise compartindo responsabilidades".

Por iso, di esperar que a UPG "escolla o camiño" da integración "en vez dun proceso de clarificación" que dea lugar a que: "algúns sobramos aquí dentro".

VOCEIRO PARLAMENTARIO

Preguntado acerca de se existe a posibilidade de seguir como voceiro parlamentario despois da reunión da Executiva deste luns Carlos Aymerich subliñou: "Penso que será complicado porque na Asemblea da fin de semana se aprobou unha emenda na que se establece incompatibilidade entre ser voceira parlamentaria e ser voceira dunha corrente do BNG, e eu teño pensado seguir sendo voceiro de Máis Galiza".

"En todo caso a decisión non é miña, é decisión da Executiva", agregou, para apuntar que prefire deixar de tratar esta cuestión porque "vendo como está o paro" lle parece "case obsceno" seguir falando da Portavocía do BNG no Parlamento.

Ao respecto, considera que "en ningún caso vai quedar descabezado o Grupo ou vai quedar o BNG sen voz no Parlamento", e "pase o que pase, vai ter voceiro" para afrontar o próximo Debate do Estado da Autonomía.

FUTURO MÁIS GALIZA

Preguntado pola Asemblea de Máis Galiza que terá lugar o 11 de marzo, Carlos Aymerich mostrouse partidario de "fortalecer" esta corrente "como proxecto político".

"Non imos discutir se Máis Galiza vai estar dentro ou fóra do BNG, Máis Galiza é parte do BNG e polo tanto iso non está en discusión", senón que vai analizar se hai espazo no BNG para que Máis Galiza poida desenvolver o seu proxecto".

"Queremos ser a porta de entrada para toda esa xente que demanda un nacionalismo diferente", remarcou para subliñar que avoga por "retornar á senda de crecemento electoral e apoio social" do BNG.

Así mesmo, recordou que o BNG "conectou" con diversos sectores da sociedade galega nos anos noventa -- cando obtivo os seus mellores resultados electorais -- porque realizou "unha análise axeitada da Galicia real", todo iso "con abertura absoluta e audacia absoluta" onde "non se excluía a ninguén".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS