Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 23.05.2013  | Actualizado 12.28

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

outro rumbo

O Banco Popular busca nos bonos convertibles a solución ás preferentes

Ofrece cambiar as participacións e a débeda subordinada polos bonos por importe de 436,2 millóns de euros

MADRID. EP  | 21.06.2012 
A- A+

Banco Popular ofrece o troco de participacións preferentes e débeda subordinada por bonos convertibles por un importe de 436,2 millóns de euros que computarán como capital para a Autoridade Bancaria Europea (EBA), informou a entidade á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

En concreto, a oferta diríxese aos titulares de participacións preferentes do Popular e do Pastor e a débeda subordinada da entidade absorbida polo banco presidido por Ángel Ron.

Os investidores que acudan ao troco, que será polo 100% do seu valor nominal, recibirán cos novos bonos convertibles un vencemento e un horizonte temporal que non tiñan coas participacións preferentes e un tipo de interese do 4,5%. A inversión mínima será de 100.000 euros e o vencemento dos bonos será o 3 de abril de 2014.

Pola súa banda, os bonos convertibles computan para Banco Popular como capital de primeira categoría de cara aos requirimentos da EBA e, tras esta oferta de troco, consolídase como unha das entidades españolas máis solventes cun 'core tier 1' EBA estimado para o primeiro semestre do 9,95% e do 10,2% para finais de ano.

Ademais deste troco, Popular tamén levou a cabo outras medidas orientadas a fortalecer a súa solvencia, como o troco de 1.109 millóns de euros de preferentes detallistas por bonos convertibles computables para EBA ou de 700 millóns de ONCs por bonos convertibles computables tamén para EBA, así como 454 millóns de euros de ONCs en accións.

O prazo da oferta de troco comeza este mesmo xoves e finaliza o próximo 28 de xuño. O día seguinte procederase á publicación de resultados e a liquidación da operación e emisión dos novos bonos terá lugar o 7 de xullo.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS