Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 22.11.2017 Actualizado 19:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A banda de soul The Suffers pechará este sábado o Outono Códax Festival en Santiago

SANTIAGO. EP  | 14.11.2017 
A- A+

The Suffers, considerada unha das grandes bandas revelación do panorama internacional do soul, será a encargada de pór punto final este sábado, 18 de novembro, ao Outono Códax Festival en Santiago.

Así, coa cita prevista a partir das 20,30 horas deste sábado na Sala Capitol, conclúe o festival galego de música negra que este ano celebra a súa VII edición.

Deste xeito, a actuación The Suffers supón a "primeira e exclusiva visita a Galicia" do grupo de Houston, destaca a organización, coa "poderosa Kam Franklin á fronte".

Xusto antes de The Suffers, subirán ao escenario da Sala Capitol Sugar Daddy & The Cereal Killers, "unha locomotora de rhythm&blues que nos seus concertos non esquecen nin o swing nin o boogie woogie", destaca a organización do evento.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS