Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.07.2018 Actualizado 11:15
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Barreras anuncia para maio a entrada en vigor do contrato do ferry de Armas e avanza novos encargos

VIGO. EP  | 11.04.2018 
A- A+

O director executivo do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras, José García Costas, anunciou este mércores que o contrato coa naviera Armas para a construción dun ferry entrará en vigor "na primeira decena de maio".

Así o avanzou, en declaracións aos medios, antes de participar nun xantar de traballo do comité executivo de Navalia, ao que asistiu o presidente de Portos do Estado, José Llorca.

García Costas confirmou que o contrato con Armas para a construción do ferry está pendente de "uns avais oficiais" e que prevé que toda a tramitación estea lista "antes do 10 de maio".

Así mesmo, avanzou que, a finais de maio, durante a celebración da feira Navalia, anunciaranse "novas contratacións" que "non teñen que ver con Armas nin con Ritz Carlton".

Precisamente, con respecto a Ritz Carlton, José García Costas confirmou que o próximo 9 de outubro, "cun considerable adianto" con respecto á data prevista, realizarase a botadura do primeiro dos dous cruceiros de luxo que se prevén construír no estaleiro vigués para esta filial da coñecida cadea hostaleira.

Finalmente, e a preguntas dos medios, o director de Barreras tamén aludiu aos programas de formación no sector naval impulsados pola Xunta de Galicia, e recalcou que os estaleiros necesitan que se incorporen operarios que se están formando, e non contratar "a xente de fóra".

A este respecto, sinalou que esas incorporacións están directamente ligadas ao eventual aumento de carga de traballo e sinalou que, aínda que xa se están producindo esas contratacións, o fan a un baixo ritmo polo momento.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS