Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

REMUDA

Belén do Campo vai ser a nova delegada territorial na Coruña

17.06.2011  Diego Calvo deixa o cargo da Xunta e aspira a presidir a Deputación provincial

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

Belén do Campo, ata agora parlamentaria popular no Congreso dos Deputados de Madrid, pola provincia da Coruña, substituirá á fronte da delegación territorial da Xunta nesta mesma división administrativa a Diego Calvo, quen finalmente renunciou ó seu cargo para recoller a acta de concelleiro no Concello de Ferrol, un paso imprescindible para aspirar a presidir a Deputación coruñesa.

Segundo explicou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, o Consello da Xunta deulle luz verde este xoves ó nomeamento de Belén do Campo, que abandonará o seu escano para poñerse á fronte da delegación territorial da Xunta e continuar o, en palabras de Feijóo, "excelente labor" iniciado por Diego Calvo. "Desexámoslle éxito e sorte á nova delegada", manifestou Alberto Núñez Feijóo.

Belén do Campo (A Coruña, 1963) era ata agora parlamentaria no Congreso dos Deputados en Madrid, cargo que xa exerceu en anteriores lexislaturas. Tamén foi senadora polo Partido Popular.

Diplomada universitaria en EXB, con especialidade en Lingua Española e Idiomas Modernos, está casada e ten dous fillos. Foi presidenta das Novas Xeracións do Partido Popular coruñés e, ó longo da súa traxectoria política, desempeñou distintos postos de responsabilidade dentro da formación popular.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS