Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

acto na refinaría

Berta Dávila gaña o VII Premio de Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega

A CORUÑA. EP  | 17.09.2013 
A- A+

A escritora Berta Dávila gañou o VII Premio de Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega, segundo a resolución do xurado dada a coñecer este martes nun acto na refinaría de A Coruña coa presenza do vicepresidente da Fundación Repsol, César Galo Erena; o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín Garcia, así como o escritor Xavier Alcalá, voceiro do xurado.

O premio foi concedido á escritora Berta Dávila, natural de Santiago de Compostela, pola súa obra 'O derradeiro libro de Emma Olsen'. O premio está dotado con 12.000 euros e inclúe a publicación da obra na editorial Galaxia.

Na presentación do fallo, o voceiro do xurado destacou a "madureza literaria" da autoria e definiu a obra gañadora como "un exemplar moi interesante dun subxénero literario típico da literatura inglesa". Ademais, subliñou que a narración está "moi ben adaptada ao número de páxinas", tal e como se pide no premio.

Pola súa banda, o vicepresidente da Fundación Repsol remarcou que o premio responde "a un compromiso serio e firme coa cultura galega e coa súa lingua" e agradeceu o apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Pola súa banda, Valentín García, mostrou tamén o seu agradecemento a Repsol e subliñou que o premio supón "un trampolín precioso para os autores", destacando, ademais, a publicación da obra en Galaxia, "unha editorial máis alá da creación literaria", apostilou.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS