Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 18.10.2018 Actualizado 20:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Blanco culpa ao PP da alza do "75%" das peaxes da AP-9

Critica non estar convidado á inauguración en Rande // "Non espero ningún xesto de elegancia por parte de dirixentes do PP", sinala e ve a Feijóo e a Rajoy "especialistas en colgarse medallas e endilgar facturas"

SANTIAGO. EP  | 29.12.2017 
A- A+

O eurodeputado do PSOE e exministro de Fomento, José Blanco, asegurou ser o "responsable" de facer unhas obras que supoñen o incremento do "25%" das peaxes da AP-9 e atribuíu á xestión do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e ao da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a subida do "75%". Ao tempo, criticou non estar convidado á inauguración das obras de ampliación de Rande.

"Feijóo e Rajoy son especialistas en colgarse medallas e endilgar facturas", sentenciou, nunha rolda de prensa na que incidiu en "a velocidade que tiveron para inaugurar" as obras de Rande.

Ao tempo, lembrou que "o 25 por cento" de incremento das peaxes do que se lle pode considerar "responsable" está vinculado cunhas obras de ampliación que "beneficiarán a todos os que circulan pola AP-9".

"E cunha diferenza, todos os galegos sabían desde decembro do ano 2011 que, ao concluírse as obras, incrementaríase a peaxe no 1% porque así apareceu publicado no Boletín Oficial do Estado; con coñecemento do señor Agustín Hernández, que era conselleiro de Infraestruturas; do alcalde de Santiago de entón, tamén do PP; e con coñecemento tamén, por suposto, do meu colega e compañeiro Abel Caballero", proclamou Blanco.

Blanco xustificou a vía elixida nese momento "álxido" da recesión económica porque "non se podía incrementar o déficit" en España, pero subliñou que agora que a crise "está superada, ben se poden asumir os custos das obras".

"COLGARSE O MÉRITO E PASAR A FACTURA"
A continuación, esgrimiu que, se el é "o responsable dese incremento do 25%" da subida das peaxes, tamén será "o responsable de facer as obras". Retou a Rajoy e a Feijóo a aclarar se están "de acordo" e incidiu en que non se lle convidou á inauguración das obras, unha cuestión que atribuíu a que "se queren colgar eles sós o mérito e pasar a factura aos demais".

"Isto, como todo o demais que fixen, foi un acordo do que a Xunta estaba informada, que non me puxo ningún obstáculo, só o acceso á Cidade da Cultura, pero que non se podía incluír naquel paquete porque o proxecto aínda estaba sen realizar", esgrimiu.

Crítico con que se tenten "esconder detrás de Pepe Blanco a ver se coa" e preguntado acerca de se está molesto porque non se lle convidou á inauguración deste sábado, ha replicado que "este Goberno nunca" lle convidou. "Hai algún outro caso do que falarei cando corresponda, ao que tampouco me convidaron porque agora tratan de dicir que eu pasaba por aquí", reflexionou.

CUESTIONA "A GRANDEZA" DO PP
"Eu non facía iso. (...) Lembren que, cando puxemos en servizo a liña de Ourense-Santiago, convidei até a Álvarez-Cascos, que nin sequera fora o meu antecesor. Pero como el tivera algo que ver con esta infraestrutura, parecíame dunha mínima cuestión de elegancia", incidiu.

"Pero eu non espero ningún xesto de elegancia por parte dos dirixentes do PP. Desde logo, non espero que Feijóo teña un xesto de grandeza e recoñeza que na miña época como ministro era a época na que máis se investía da historia en Galicia en estradas en tren, en aeroportos, en todo. Eu se que non o vai a facer porque a grandeza política é propia das políticas que teñen altura, e aí déixoo", resolveu.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS