Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 14:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O BNG acusa á Xunta de "malgastar" fondos europeos destinados ao saneamento

Reclamará a súa revisión á Comisión

Ana Miranda - FOTO: BNG
Ana Miranda - FOTO: BNG

VIGO. EP  | 17.09.2019 
A- A+

A portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Europa, Ana Miranda, avanzou que presentará unha iniciativa parlamentaria para que a Comisión Europea elabore un estudo sobre as actuacións realizadas en saneamento da auga con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (Feder) pola Xunta, á que acusou de "malgastalos".

Mediante un comunicado, denunciou que o Goberno galego non executase actuacións adaptadas ás "necesidades reais" dos municipios e cuestionou o correcto investimento de fondos na depuración de augas e a construción de estacións depuradoras.

Ademais, lembrou que a Comisión Europea puxo en marcha un proceso de revisión da normativa de auga que permitirá elaborar a próxima directiva marco deste recurso. Así, reivindicou a necesidade de coñecer as posibles "deficiencias" coas que conte Galicia a ese respecto co obxectivo de prever o contido da nova directiva e os fondos que serán precisos para reparar os danos no caso de que existan.

Nesta liña, criticou que a Xunta presentase unha auditoría á Comisión na que reponsabiliza aos concellos do funcionamento das depuradoras e na que non achegou información sobre a súa construción. A ese respecto, reprobou que se realizaron deseños que non contemplasen a separación de augas pluviais e fecais.

Ademais, resaltou que, aínda que as competencias da depuración de augas son municipais, foi a Administración autonómica a que acometeu a construción das depuradoras.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS