Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 13.12.2017 Actualizado 17:49
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O BNG alerta da "eucaliptización" que se producirá en Galicia ante o interese dunha pasteira lusa

SANTIAGO. EP  | 10.08.2017 
A- A+

O BNG alertou este xoves da "eucaliptización" que se podería producir en Galicia ante o recente interese dunha empresa pasteira portuguesa --Navigator Company-- que, segundo os nacionalistas, "viu nos montes galegos un recurso idóneo para proverse de materia prima" ante as limitacións para a plantación desta especie que se dan no país veciño.

Nun comunicado, o portavoz parlamentario da Agricultura, Xosé Luís Rivas, explicou que esta situación "agudizaría a eucaliptización do monte galego, que xa acumula unhas 230.000 hectáreas máis das previstas no actual plan forestal da Xunta ata 2032".

Ademais, recalcou que a nova regulación portuguesa para controlar e reducir o eucalipto é unha ameaza á esperanza de Galicia para optar por "un monte racional e diversificado".

Nesta liña, sostén que o interese da pasteira lusa por aprovisionarse do eucalipto galego supón, ao seu xuízo, unha ameaza engadida que pode converter o monte nunha explotación económica propia do século XIX".

Neste sentido, lamentou que "por se non chegase con soportar a ENCE", agora "pretende vir unha empresa portuguesa a esmagar" a materia galega; co que se propiciaría unha situación na que "dúas empresas arrasarían co monte galego para facer negocio".

Para o deputado, a plantación masiva e descontrolada de especias de "pouca calidade" nun "monte de luxo" supón "un retrato da ineptitude do Goberno de Feijoo e da incapacidade para sacar adiante un plan forestal que dea unha alternativa racional ao monte en beneficio de todos os galegos".

"NIN UNHA SOA HECTÁREA NOVA DE EUCALIPTO"

Así, a formación nacionalista reclama que non haxa "nin unha soa hectárea nova de eucalipto" debido ao descontrol desta especie "altamente combustible", e lembra que o resto do Estado e de países europeos xa fixeron un proceso de repoboación maioritariamente con especies autóctonas.

Deste xeito, fixo fincapé en que a Comunidade galega, só 300.000 metros cúbicos dos 8,2 millóns que se cortan corresponden a "madeira de calidade" procedente de especies autóctonas. Rivas, ademais, recalcou a repercusión directa que provoca a invasión do eucalipto en canto á propagación de incendios refírese.

TRES MEDIDAS

Así pois, o BNG puxo sobre a mesa tres medidas concretas en relación coa ordenación do monte. Por unha banda un plan que potencie a transformación da madeira e que xere valor engadido, máis ingresos económicos e máis emprego en Galicia.

Con estas medidas o Bloque pretende obter tamén beneficios fiscais para incentivar o coidado e a ordenación do monte e impulsar o aproveitamento multifuncional dos bosques galegos.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS