Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 28.03.2020 Actualizado 20:30
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O BNG "asistirá a todos os debates" electorais que se convoquen: "son un dereito dos cidadáns"

SANTIAGO. EP  | 20.02.2020 
A- A+

A deputada e membro da Executiva Nacional do BNG Olalla Rodil manifestou que a formación nacionalista "asistirá a todos os debates" electorais que se convoquen, porque son "un dereito dos cidadáns".

"Estamos encantadas", sinalou, ao ser preguntada, en rolda de prensa, Olalla Rodil, quen lembrou que o Bloque xa fixera estes días unha proposta pública para que se "garantise a pluralidade política que existe en Galicia" e que haxa un debate en hora de máxima audiencia.

"Cuantos máis debates se produzan, mellor. O BNG asistirá a todos, son un dereito dos cidadáns, que merecen coñecer de primeira man os programas dos partidos que se presentan ás eleccións", aseverou.

Olalla Rodil incidiu en que o BNG o proxecto con "a candidata mellor valorada". "Temos que vernos reflectidos nestes debates", remarcou.

CIUDADANOS E LISTAS
Noutra orde de cousas, preguntada sobre as declaracións de Inés Arrimadas (Ciudadanos) e o chamamento ao PPdeG para "frear o nacionalismo" en Galicia; Rodil ironizou con que ve á "dereita moi nerviosa polo avance do nacionalismo". "Canto máis BNG, menos Partido Popular en Galicia", apuntou.

Ademais, ao ser cuestionada sobre se ela estará nas listas electorais, remitiuse a que é o Consello Nacional -máximo órgano de decisión entre asembleas-, o que aprobará as candidaturas e a partir de aí coñeceranse os nomes.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS