Hemeroteca web
|
RSS
Sábado 18.05.2013
| Actualizado 11.27
O BNG da Coruña insta á Xunta a pedir ao Goberno as competencias sobre aeroportos
SANTIAGO. EP | 20.08.2012
O BNG de A Coruña instou á Xunta a solicitar ao Goberno central a transferencia de competencias sobre os aeroportos galegos ao considerar que é necesario apostar por un sistema aeroportuario galego que permita que "haxa máis voos e máis destinos".
Así o demandaron os nacionalistas coruñeses nun comunicado tras coñecerse que a compañía EasyJet deixará de voar dende Alvedro a principios de decembro e que en setembro "só haberá cinco destinos con saída" nesta terminal.
Así o manifestou nun comunicado, no que asegurou que esta situación ten que ver co modelo aeroportuario existente, polo que apostou por "articular" unha fórmula nas terminais galegas que se basee na "cooperación, colaboración e equidade" dos tres aeroportos.
Para iso, os nacionalistas de A Coruña instaron á Xunta a solicitar ao Goberno central a transferencia de competencias sobre os aeroportos galegos.
E é que, como criticou o Grupo Municipal do BNG na cidade herculina, o modelo "unipolar e centralista" español do "todo pasa por Madrid, está a acentuar" a condición "periférica" de Galicia e "impedindo a viabilidade de Alvedro".
"O Partido Popular non quere cambiar o modelo", lamentaron os nacionalistas coruñeses antes considerar que "o futuro do aeroporto coruñés pasa pola creación deste sistema de forma que Alvedro e Galicia sexan capaces de facerlle fronte á competencia de Oporto".
Por último, os nacionalistas destacaron a aposta por un sistema de terminais aeroportuarias con conexións cos "catro grandes sistemas aeroportuarios europeos que permiten o enlace con todo o mundo", como son "Londres, París, Amsterdam e Frankfurt"; o fortalecemento das conexións con Barcelona e Lisboa; así como polas rutas con Bruxelas e Roma.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.