Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 21.08.2017 Actualizado 18:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O BNG denuncia "fraude" no referendo constitucional de Turquía

Ana Miranda cre que é unha actuación "ilexítima" por facerse durante o estado de excepción

SANTIAGO. EP  | 18.04.2017 
A- A+

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, denunciou este martes unha "fraude" no referendo constitucional de Turquía, cuxa realización é "ilexítima" por facerse durante o estado de excepción.

Así o dixo a través dun comunicado, despois de participar como observadora internacional en Kurdistán, e sostivo que o "axustado" resultado do referendo "é máis que cuestionable".

"Non se daban as mínimas garantías democráticas para a súa realización", abundou a nacionalista, crítica, entre outras cousas, con "a presenza de militares armados nos colexios electorais".

Por todo, concluíu que se produciu "unha evidente fraude electoral", pois "foron validadas dous millóns de papeletas sen selo, cando legalmente todas debían estar seladas".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS