Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 16.08.2018
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O BNG insta á USC a adoptar "medidas" para "afastar" das aulas ao profesor que defende a 'La Manada'

SANTIAGO. EP  | 11.05.2018 
A- A+

O BNG instou á Universidade de Santiago de Compostela (USC) a adoptar as "medidas pertinentes" para afastar das aulas ao profesor da Facultade de Ciencias Económicas Luciano Méndez Naya, que publicou un vídeo nas súas redes sociais no que defende a 'La Manada' e asegura que a vítima "se deixou facer" e "gozou".

En declaracións remitidas aos medios, a deputada Olalla Rodil cualificou de "absolutamente inadmisibles" as declaracións deste profesor, docente ao que cualificou de "machista reincidente". "Non é só que justifique e lexitime a violación da Manda senón que hai que lembrar que foi afastado das aulas por facer comentarios sexistas e machistas contra as súas alumnas", lembrou a parlamentaria.

Por iso, ademais de instar á USC a "adoptar de maneira urxente as medidas pertinentes para afastar o machismo das súas aulas", avanzou que preguntarán ao Goberno galego pola opinión que lle merecen estas declaracións e pedirán que se garanta formación específica, con perspectiva de xénero, en materia de violencia machista ao conxunto do profesorado.

"É inadmisible que unha persona que fai este tipo de declaracións de forma reincidente poida pasar nin un só minuto máis impartindo clases na universidade pública", manifestou a viceportavoz parlamentaria do BNG.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS