Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.10.2017 Actualizado 13:07
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O primeiro dunha serie

O BNG lanza un vídeo para explicar a renovación do seu logo despois de 35 anos

SANTIAGO. EP  | 18.05.2017 
A- A+

O BNG lanzou unha serie de vídeos nos que explica os motivos polos que leva a cabo a renovación da súa imaxe corporativa despois de 35 anos, unha medida que foi aprobada pola militancia na última Asemblea Nacional da Coruña.

Neste primeiro vídeo, dous mariñeiros fan referencia aos 35 anos "de traballo en defensa" de Galicia que están detrás do logo do Bloque e dialogan con humor sobre a necesidade de renovarse para afrontar o tempo novo iniciado pola organización nacionalista.

Segundo destacou o BNG nun comunicado, este "tempo novo" tivo como punto de arranque a chegada de Ana Pontón á portavocía nacional e, con ela, a "incorporación dunha xeración por baixo dos 40 aos mandos da dirección".

Esta nova etapa, conforme sinalou, trasládase tamén nun cambio "evidente" na comunicación iniciada nas últimas campañas electorais, acentuando a figura de Ana Pontón. O novo estilo pasa pola utilización habitual do formado audiovisual para condensar e transmitir as propostas do BNG en temas relevantes para o país.

O novo logotipo será igualmente reconocible como BNG xa que a formación nacionalista asegurou que non busca unha ruptura nin converterse en algo diferente, senón transmitir a imaxe dun BNG moderno, cunha estética máis actual, aberta e próxima.

E é que o Bloque explicou que pretende aproveitar "todas as bazas das que dispón" para afianzar a súa recuperación electoral: "Unha líder clara, unha organización cohesionada e un proxecto político definido".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS