Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 25.05.2013  | Actualizado 11.58

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O BNG "non participará na farsa democrática" da redución de parlamentarios

SANTIAGO. EP  | 29.07.2012 
A- A+

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, adiantou a intención da súa formación de non participar na redución de deputados do Parlamento galego que propón o PPdeG, ao considerar que se trata dunha "farsa democrática" que provocará un "pucherazo electoral para manter no poder" ao actual Goberno.

A preguntas dos medios en rolda de prensa, Guillerme Vázquez non descartou a posibilidade de que os parlamentarios nacionalistas abandonen o hemiciclo en caso de que se chegue a producir a votación desta reforma proposta polos populares galegos, se ben precisou que "participarán no debate".

O dirixente nacionalista afirmou que o BNG "non elude o debate de fondo" a este respecto, en relación a unha "reforma en serio" do sistema electoral galego, sempre e cando sexa para "mellorar o proceso democrático" en Galicia.

"O BNG non participará nunha farsa democrática realizada para gañar as eleccións de pucherazo modificando as regras do xogo", espetou o nacionalista.

Vázquez comentou que existen "outros capítulos prescindibles" antes de abordar unha redución do número de parlamentarios, xustificada polo PPdeG como unha medida de aforro, algo que, para o dirixente do Bloque, é unha "mentira".

Para o voceiro nacional do Bloque, "abondaría con que o Goberno de Feijóo deixase de destinar os euros que dedica a campañas de propaganda", o que "compensaría" o aforro que pretende o PPdeG coa reforma da Cámara autonómica.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS