Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 24.04.2014  | Actualizado 01.00

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O BNG pide medidas de inclusión social

Carril insta a Xunta e concellos a traballar "na mesma dirección" para rematar coa "exclusión social"

A CORUÑA. EP  | 20.04.2012 
A- A+

O voceiro do BNG no Concello de A Coruña, Xosé Manuel Carril, instou a "tódalas forzas políticas", así como a Xunta e concellos da bisbarra de A Coruña, a traballar "na mesma dirección" para acabar coa "exclusión social" e a "mobilidade de poboación" dos asentamentos chabolistas da cidade herculina.

En rolda de prensa, Carril recordou a ocupación do edificio de A Moura por parte de exchavolistas de Penamoa, os que se mobilizan porque "non están satisfeitos". "Agora están en A Moura, pero despois poden estar noutro lugar", advertiu Carril, quen apostou por "propostas viables", coa implicación dos colectivos afectados, para satisfacer "a todas as partes implicadas".

"Hai razóns diferentes pero non diverxentes", apuntou o voceiro nacionalista, quen sinalou que, neste caso, teñen razón tanto os propietarios dos pisos ocupados, como os veciños afectados do barrio do Ventorrillo, como as persoas que ocupan os edificios que demandan unha calidade de vida "ao igual que o resto de cidadáns".

Así mesmo, Carril recordou que a cidade herculina conta "cunha poboación itinerante" que se asenta en catro poboados: Ás Rañas, A Pasaxe, O Portiño e Penamoa, que se desmantelou este venres ao derrubar as seis choupanas que quedaban no poboado, cumprindo cunha orde xudicial.

PENAMOA

Ao respecto, Carril insistiu en que a solución ao problema do asentamento do poboado de Penamoa "non é unicamente" a demolición das choupanas, senón que "teñen que ir acompañada doutras medidas" que garantan a inclusión social dos afectados.

Por iso, os nacionalistas presentarán unha moción no próximo pleno municipal para pedir un plan integral de inclusión social. "Garantir unha vivenda é importante, pero tamén é importante a formación, o emprego, a saúde e a participación na comunidade," comentou.

"Non hai mellor política de seguridade cidadá que a de concibir A Coruña como unha cidade que aposta decididamente pola integración social", sentenciou o nacionalista, quen non quixo entrar a criticar ningunha das iniciativas que se están a levar a cabo, xa que considera que "o importante" é propoñer solucións.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS