Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 13.02.2020 Actualizado 10:19
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O BNG pide a recuperación de patrimonio compostelán que se atopa no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid

SANTIAGO. EP  | 17.01.2020 
A- A+

O grupo municipal do BNG de Santiago proporá no pleno deste mes a recuperación de diferentes pezas de patrimonio compostelán que se atopan depositadas no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid.

En concreto, trátase de esculturas do Coro do Mestre Mateo da Catedral de Santiago, do Mosteiro de San Paio de Antealtares e do Convento de Santa Clara, así como outras pezas de "gran valor patrimonial para Galicia".

As primeiras son estatuas de Santiago Menor (que formou parte do coro da basílica) e outra de San Bartolomeu, ademais de dúas columnas do conxunto escultórico de San Paio do século XII, entre outras.

Así o trasladou en rolda de prensa a portavoz do grupo municipal, Goretti Sanmartín, na que explicou que esta demanda parte dun movemento que reclama que pezas usurpadas tempo atrás regresen e se exhiban nos seus lugares de orixe.

Para iso, sinalou, fará falta "vontade política", posto que a vía natural para conseguir este obxectivo estará en mans dunha institución do Estado.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS