Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 19.06.2013  | Actualizado 13.49

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O BNG pide referendo ou eleccións porque Rajoy aplica un programa "que ninguén votou"

Denuncia uso "espurio" do Rei por parte do Goberno ao acudir ao Consello de Ministros para que dea a "súa complicidade" ás medidas

SANTIAGO. EP  | 13.07.2012 
A- A+

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, e o candidato á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, reclamaron este venres ao xefe do Executivo central, Mariano Rajoy, que ou faga un "referendo" sobre as medidas de recortes anunciadas o pasado mércores no pleno do Congreso, ou que "convoque eleccións", posto que está a aplicar "un programa que ninguén votou".

Así o expresáron en rolda de prensa este venres tras a celebración da Executiva Nacional do BNG, que tivo lugar de forma extraordinaria en venres, tras os anuncios realizados polo Goberno central, entre os que se atopa a suba do IVE, a supresión dunha paga extra para os funcionarios ou a rebaixa das prestacións por desemprego.

Así mesmo, e en relación a que o Rei presidise a primeira parte do Consello de Ministros, Jorquera denunciou o "uso espurio" do xefe de Estado para "coa súa complicidade, prestar apoio ás medidas antisociais, antidemocráticas e agresivas para a maioría da cidadanía".

Neste contexto, Guillerme Vázquez subliñou que o Bloque levará a cabo unha "ofensiva institucional", onde ten representación (parlamento europeo, español, galego, concellos e deputacións) en contra dos recortes. Así mesmo, apoiará as mobilizacións sociais que se fagan.

"Rajoy non ten lexitimidade democrática para aplicar medidas que non contan con ningún aval cidadán, porque el nas eleccións se presentou con outro programa. O que pedimos é que os cidadáns tomen a palabra", manifestou o voceiro nacional, quen, ante a petición de comprensión, advertiu a Rajoy: Nin comprensión, nin apoio, senón rebelión social, insumisión".

"MEDIDAS INÚTILES"

Pola súa banda, o deputado nacionalista no Congreso denunciou que os recortes serán "inútiles" para superar a crise económica e, ao contrario, só suporán "pasar da economía da recesión á economía da depresión". "E nin sequera servirán para recortar o déficit porque coa depresión caerán os ingresos públicos", sentenciou.

Nesta liña Guillerme Vázquez cualificou as medidas de "inmorais e inútiles", e incidiu en que "é inxusto porque se ceba" cos máis débiles.

Así as cousas, o voceiro nacional do Bloque chamou á participación da sociedade na manifestación do próximo 25 de xullo como unha mostra máis do rexeitado contra os recortes. Así mesmo, apelou "especialmente" á conciencia das persoas que "de boa fe" votaron ao PP, para pedirlles que "reflexionen" sobre as medidas que está a adoptar o Goberno central.

Francisco Jorquera, na súa intervención, advertiu de que "si outras políticas son posibles" e, como exemplo diso, ha posto que a fraude fiscal anual está calculada en 65.000 millóns de euros, impacto similar ás medidas. O BNG, ademais, insiste na "supresión" das deputacións.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS