Hemeroteca web
|
RSS
Martes 21.05.2013
| Actualizado 17.42
O BNG propón que a bandeira arco da vella ondee este xoves no Concello de Santiago polo día do orgullo gay
SANTIAGO. EP | 26.06.2012
O voceiro do BNG no Concello de Santiago, Rubén Cela, propuxo este luns que o próximo xoves, con motivo da celebración do día do orgullo gay, ondee no Pazo de Raxoi a bandeira de cores utilizada como símbolo polo colectivo LGTB --lesbianas, gais, transexuais e bisexuais--.
Así o indicou nunha rolda de prensa na que chamou á implicación de toda a sociedade e das administracións para o avance nos dereitos do colectivo.
Por iso, indicou, o BNG compostelano presentará dúas iniciativas, a de que ondee esta bandeira no Concello e unha moción para o seu debate no pleno, este mesmo xoves, na que piden instar á Xunta a tomar medidas nos ámbitos educativo --garantir a igualdade de condicións para os fillos de parellas do mesmo sexo-- e no sanitario --en concreto, en relación coa transexualidade-- .
Ademais, piden que o Concello adopte unha postura "nítida" de apoio ás reivindicacións deste colectivo. Cela considerou que as iniciativas permitirán mostrar que non hai unha "ruptura" da actitude de "apoio" do municipio a estas persoas mantida durante a última década. Agregou que confía en que o PP non terá "problema" en avalar as propostas dos nacionalistas, dado que outros municipios gobernados polos populares accederon a iniciativas similares, como o caso de A Coruña, dixo.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.