Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Industria ·· a guerra do vento

O BNG reclama facer un pleno extraordinario da poxa eólica

29.03.2011  Aymerich pídelle a Feijóo explicar o que aconteceu no concurso, "feito de forma groseiramente ilegal" e "para amigos"

5.0/5 [3 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN E AXENCIAS . SANTIAGO

O voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, onte na roda de prensa sobre o concurso eólico FOTO: AXENCIAS
O voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, onte na roda de prensa sobre o concurso eólico
FOTO: AXENCIAS

O voceiro do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, reclamou a comparecencia en pleno "urxente" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "para explicar que está a suceder no concurso eólico", que ó seu entender se realizou de forma "groseiramente ilegal", e para "dar explicacións pola decisión sectaria" de "entregar o negocio" do vento ós "amigos do PP".

Reclámao o BNG para que antes da celebración da próxima sesión plenaria, para a que haberá que esperar máis de dúas semanas, a Xunta explique en que situación se atopa o que os nacionalistas chaman "repartición eólica". Segundo constatou e denunciou nos últimos días, o concurso eólico estaría en "suspensión" ó non responder ós recursos presentados con esa petición por parte de empresas.

En todo caso, os nacionalistas auguran que non prosperará esta petición, polo que Aymerich avanzou que o BNG "forzará que no pleno" seguinte, Feijóo e o conselleiro de Industria, Javier Guerra, informen "das xestións e das razóns" para paralizar o concurso do bipartito, "plenamente legal, e dos "motivos para darlles o vento galego a Fenosa e ás empresas directamente vinculadas co PP".

Carlos Aymerich repasou a historia do concurso eólico para denunciar que o presidente da Xunta "perdeu dous anos anulando un concurso plenamente legal", desde 2008, e que está avalado por unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), coñecida en días pasados e que avala, entre outras cuestións, a participación pública.

Respecto disto, incidiu, en que o actual concurso, os que "prometían seguridade xurídica o único que conseguiron foi unha chuvia de recursos". "O concurso do Partido Popular ten xa mái recursos, máis impugnacións das que tivo o concurso eólico do Goberno anterior", apuntou, e agregou que, ademais, neste momento "está suspendido como consecuencia do caso administrativo" da Xunta e a consellería, por "non responder en prazo as solicitudes de suspensión" formuladas por varias empresas.

Ademais dos "graves prexuízos para o país" que constatou onte o dirixente nacionalista, tamén fixo mención ás "responsabilidades moitos maiores", debido a que haberá que indemnizar as empresas pola perda de primas e dos proxectos industriais que se ían desenvolver vinculados ao concurso eólico. "Destrución de emprego e desaparición de empresas", ilustrou.

Así as cousas, recalcou que as críticas dos populares contra o concurso eólico tiñan como fin facer "xogo revolto, barallar de novo e repartir as cartas eólicas ós seus amigos de grandes pequenas empresas, con familiares vinculados ó PP". "¿Ese é o exemplo de seguridade xurídica?", preguntouse Aymerich, quen tamén denunciou que o conselleiro deu a coñecer o resultado da comisión avaliadora "tres días antes" de que se asinase a resolución. "Non temos explicación", reprochou o voceiro parlamentario do BNG, quen se pregunta se a comisión avaliadora só se limitou a "ratificar a orde de Guerra.

Uns soldos de 300 euros/mes?

Aymerich criticou o tipo de emprego que crearán os proxectos vinculados ó concurso eólico e puxo o exemplo de que Fenosa Wind pretende crear 34 empregos para comercializar bombas de calor, "cun custo por traballador e ano de 3.571 euros", é dicir, menos de 300 euros ó mes. Mentres, Estela Eólica, para unha planta de residuos en Dozón, crearía "498 empregos cun salario por traballador de 2.649 euros ó ano". Outros exemplos foi o proxecto de Fenosa de reconstruír unha residencia nos Peares, "a vila da que é Feijóo".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS