Hemeroteca web
|
RSS
Sábado 18.05.2013
| Actualizado 11.27
O BNG de Santiago ve "inaudito" o peche da sala de prensa para a comparecencia de Bassi e tomará medidas formais
SANTIAGO. EP | 13.04.2012
O voceiro do BNG no Concello de Santiago, Rubén Cela, considerou "inaudito" o peche este xoves da sala de prensa do Concello de Santiago para a comparecencia do cómico Leo Bassi, unha decisión que partiu do grupo de goberno e contra a que os nacionalistas tomarán "medidas formais".
Rubén Cela, que considerou que esta actuación non é "lícita nin admisible", acusou o goberno local de Santiago de "intentar censurar a opinión dun grupo municipal", dado que a rolda de prensa fora convocada polo BNG.
Ademais dun "atropelo", o nacionalista viu no comportamento do goberno local unha "actitude sumamente infantil" e recordou ao grupo do PP, que rexe a casa do concello, que "a sala de prensa non é de ningún partido". "O PP non é ninguén para negarlle a entrada a esta sala ao BNG", sentenciou.
Ante esta situación, Rubén Cela asegurou que o seu grupo tomará "medidas formais" para protestar contra estes feitos, entre as que podería atoparse unha reclamación ante o Valedor do Pobo.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.