Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 15.11.2018 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A borrasca 'Beatriz' deixa máis de 400 incidencias en Galicia

Provoca caídas de árbores e problemas en estradas

Imaxe de árbores caídas no Campus Sur de Santiago de Compostela
Imaxe de árbores caídas no Campus Sur de Santiago de Compostela

SANTIAGO. EP  | 07.11.2018 
A- A+

A borrasca 'Beatriz' deixou máis de 400 incidencias en Galicia entre a mañá do martes e as 8,00 horas deste mércores, segundo informa o 112.

A maioría dos incidentes foron motivados pola caída de árbores e ramas, así como problemas nas estradas galegas por obstáculos como terra e pedras. Todas relacionadas coas alertas de nivel laranxa por vento e choiva decretadas pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

Así, por provincias a da Coruña foi a máis afectada, con 182 incidentes rexistrados; Pontevedra, con 148; seguida de Lugo, con 51; e, por último, a provincia de Ourense con 21 incidentes rexistrados.

Por concellos, destacan as 20 incidencias xestionadas en Santiago, onde árbores caeron sobre coches aparcados. Tamén houbo oito contratempos en Ferrol e cinco no municipio da Coruña.

Así mesmo, houbo outras nove incidencias no concello de Barreiros, na provincia de Lugo, e tres no de Ribadeo. Por último, na provincia de Ourense, rexistráronse tres no concello do Carballiño.

MÁIS DE 70 INCIDENCIAS EN VIGO
En Vigo, a Policía Local informou de 70 incidencias nas últimas horas, con intervencións debido a inundacións de baixos, garaxes, vivendas e locais comerciais; presenza de balsas de auga na calzada; desprendementos de cableado e iluminación eléctrica; e problemas polo desprazamento de valos e colectores debido aos fortes refachos de vento.

Así, producíronse unha decena de incidentes relacionados con tapas de rexistro e arquetas que se saíron do seu sitio, en Julián Estévez, López Mora, Areal, Camiño de Padín, Porta do Sol ou rúa Real. Nalgúns casos, como en Arquitecto Pérez Bellas, ou en Colón, as tapas de sumidoiro ocasionaron danos en vehículos.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS