Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 12.11.2019 Actualizado 12:08
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Borrell alerta contra a "fatiga democrática": "Este país non se pode permitir que a xente quede na casa"

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, á esquerda, xunto ao ministro de Asuntos Exteriores en funcións, Josep Borrell -centro-, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo
 - FOTO: EUROPA PRESS
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, á esquerda, xunto ao ministro de Asuntos Exteriores en funcións, Josep Borrell -centro-, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo - FOTO: EUROPA PRESS

SANTIAGO. EP  | 06.11.2019 
A- A+

O ministro de Asuntos Exteriores en funcións, Josep Borrell, avisou dos riscos da "fatiga democrática" e asegurou que España "non se pode permitir que a xente quede na casa e abdique do seu deber cidadán".

"Hai un certo sentimento de fatiga democrática pero ao min non me gusta a historia da fatiga democrática, porque aos que estivemos moitos anos sen votar non nos parece demasiado", manifestou Borrell nun mitin ofrecido en Santiago de Compostela xunto aos candidatos galegos ás Cortes xerais e ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

Nunha intervención na que alertou varias veces contra o "retroceso" que supoñen as propostas da "ultradereita" que representa Vox, Borrell chamou a todos os asistentes a facer "mitienes privados" aos seus veciños e familiares para que o vindeiro domingo "se enchan as urnas".

"É un deber cidadán non só ir votar senón explicarnos os uns aos outros as razóns do voto", considerou Borrell, que citou a Robespierre para asegurar que aínda que "o pobo sempre ten razón" pero ás veces "hai xente que o aconsella moi mal".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS