Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

LUMES

Os brigadistas de Seaga ameazan con radicalizar as súas mobilizacións

24.06.2009  Piden unha entrevista con Samuel Juárez, a quen responsabilizan dunha "campaña de incendios con conflitividade laboral". O conselleiro de Medio Rural afirma que os recibirá, pero lamenta a súa forma de reivindicar

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P. . SANTIAGO

A campaña contra os incendios arrinca este ano máis quente que nunca. Os traballadores da empresa pública Servizos Agrarios Galegos (Seaga) ameazaron onte a Xunta con "radicalizar" as súas protestas en plena campaña de incendios se o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, non recibe os representantes deste colectivo e acepta negociar unha "solución definitiva" para que os brigadistas do operativo da Xunta e os de Seaga "traballen man a man".

Representantes dos sindicatos CIG e CUT, así como os presidentes dos comités de empresa de Seaga na Coruña e en Pontevedra esíxironlle onte á Administración autonómica que "defina xa" un "modelo de sistema" para os traballos de prevención e extinción de incendios, labores agroforestais, servizos veterinarios e de atención telefónica -Centro de Información ao Agro Galego (CIAG)-. Así, avanzaron que presentarán hoxe no rexistro da Xunta unha instancia para solicitar un encontro co titular galego de Medio Rural. "Senón, actuaremos en consecuencia", manifestou a responsable do comité de empresa da Coruña, María Rodinho.

"Juárez decidirá se quere meterse nunha campaña de incendios con conflitividade laboral", advertiu o portavoz da CIG na empresa pública, Paulo Rubido, quen avanzou que "o nivel de intensidade das mobilizacións vaise incrementar". "Queremos falar, que non nos obrigue a ter que tomar medidas que non nos gustan nin consideramos boas", agregou.

 

Aunar esforzos para lograr uns bos servizos forestais

O voceiro da CIG en Seaga reprobou o "comportamento" dos sindicatos da Administración autonómica por soster que basean a súa defensa dos brigadistas da Xunta nun ataque aos traballadores de Seaga. "Non se pode promover unha loita de traballadores de Pladiga contra os de Seaga porque son o mesmo colectivo", aseverou, para reivindicar unha mellora das condicións e estabilidade laboral dos profesionais agroforestais. "Hai que ter unhas miras máis amplas", considerou e, por iso, instou a "sumar esforzos" e "enfocar a loita na mesma dirección" que, ao seu xuízo, debe estar marcada polo obxectivo de que existan "servizos agroforestais públicos".

Pola súa banda, o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, confirmou que se reunirá cos brigadistas de Seaga para conversar sobre o conflito laboral, aínda que lamentou a súa forma de reivindicar.

O DATO

Precariedade e eventualidade

O Comité de Empresa subliña que as condicións de eventualidade e de precariedade laboral afectan ó 100% do persoal, integrada por 700 traballadores, que no verán ascenden a 2.500 polos incendios.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS