Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Brilat desprégase este sábado en Rianxo, Ribeira e Tui e desinfecta dúas residencias de maiores

SANTIAGO. EP  | 28.03.2020 
A- A+

A unidade do Exército de Terra Brilat continúa coa 'Operación Balmis' en diferentes puntos do territorio galego. Durante esta xornada despregarase nos municipios coruñeses de Rianxo e Santa Uxía de Ribeira e no pontevedrés de Tui.

Ademais, realizaranse misións de presenza e recoñecemento de oportunidade noutras localidades como Boiro, A Pobra do Caramiñal e O Porriño e labores de desinfección nas residencias de Campo Longo (Pontevedra) e DomusVi Bembrive (Vigo).

O obxectivo destas actuacións é establecer os procedementos e as ligazóns coas autoridades locais e as Forzas e Corpos de Seguridade no marco do dispositivo contra o coronavirus Covid-19.

As unidades actuarán en cada unha das citadas cidades galegas e tamén a capital do Principado de Asturias (Oviedo) e no municipio de Langreo, así como no castelán-leonés de Palencia. Igualmente presentaranse nas localidades asturianas de Noreña, Pola de Siero, Berrón, Lugones, Lugo de Llanera e Colloto.

Alí tratarán de "recoñecer as zonas máis conflitivas, infraestruturas críticas e establecer unha ligazón sólida e eficaz" con autoridades locais e Forzas e Corpos de Seguridade.

Segundo informou esta unidade, estas accións buscan "facilitar os seus labores de presenza e vixilancia ante posibles incumprimentos das medidas establecidas polo estado de alarma nas zonas de especial risco para o contaxio".

Todas estas actividades realízanse no marco da operación que coordina o Mando de Operacións relativa ao despregamento das Forzas Armadas en Territorio Nacional para loitar contra a pandemia

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS