Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 21.05.2013  | Actualizado 17.42

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

se se presentase ás primarias do PSdeG

Caamaño cre que Blanco sería un bo candidato á Xunta

No caso Carmela Silva: "As normas están para cumprilas"

A CORUÑA. EP  | 03.07.2012 
A- A+

O secretario provincial do PSdeG da Coruña, Francisco Caamaño, afirmou que, no caso de que o exministro de Fomento José Blanco decidise presentarse ás primarias do PSdeG para aspirar a presidir a Xunta, sería "un bo candidato".

"Se el decidise vir, sen lugar a dúbidas será un bo candidato", afirmou Caamaño a preguntas dos xornalistas nunha rolda de prensa, na que, non obstante, puntualizou que non lle consta que o político de Palas de Rei (Lugo) adoptara a decisión de pugnar nas primarias do PSdeG, previstas para o próximo mes de setembro.

Caamaño subliñou que Blanco está avalado polo seu "currículo político e de xestión pública", de forma que "ten dereito" a concorrer ao proceso para seleccionar o candidato socialista á Presidencia da Xunta, malia a súa implicación no denominado Caso Campión, posto que "non está condenado", segundo recalcou o secretario provincial dos socialistas coruñeses.

Así, Caamaño insistiu que, no caso de que Blanco quixese optar a presidir a Administración autonómica, algo que non lle consta "persoalmente", serán os militantes socialistas os que elixan o candidato para as próximas autonómicas no proceso de primarias.

No caso Carmela Silva: "As normas están para cumprilas"

O secretario provincial do PSdeG da Coruña, Francisco Caamaño, defendeu que as normas, como o precepto dun "militante, un cargo" que impide acumular postos, "están para cumprilas" e indicou que no caso de Carmela Silva, deberá pronunciarse Ferraz.

Preguntado pola situación da concelleira en Vigo e deputada no Congreso, Carmela Silva, á que o PSdeG pretende abrir un expediente por contravir a norma ao acumular ambos labores, sostivo que "non hai excepcións" no partido na aplicación da normativa orgánica.

Ademais, a preguntas dos xornalistas nunha rolda de prensa, o exministro de Xustiza sinalou que será a Executiva federal a que terá que tomar unha decisión definitiva.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS