Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 22.08.2017 Actualizado 11:59
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Empezarán cun concerto

Caballero anuncia o inicio de mobilizacións para reclamar o AVE por Cerdedo

VIGO. EP  | 18.05.2017 
A- A+

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves o inicio das mobilizacións para reivindicar un "dereito irrenunciable", como é o AVE entre Vigo e Madrid por Cerdedo, e confirmou que os actos comezarán cun concerto da Coral Casabranca "nos primeiros días de xuño".

Así o avanzou, en declaracións aos medios, e lembrou que, chegada a metade do mes de maio e ante a falta de resposta do Goberno á reclamación aprobada polo Consello Social da cidade, Vigo "non vai agardar máis" e iniciará as mobilizacións.

Segundo explicou, ese acto "festivo e lúdico" ten como finalidade "dicirlle ao Goberno que se decate de que imos ter AVE gústelles ou non, ímosllo a arrincar". "E se non nos atenden, haberá máis actos, outras accións cidadás", puntualizou.

Caballero explicou que adoptou a decisión de iniciar as mobilizacións debido á posición de Podemos no Senado, que votou "contra o AVE de Vigo", do mesmo xeito que o PP.

Así mesmo, lembrou que, tal e como está exposto o trazado de alta velocidade, un viaxeiro que tome o tren en Vigo debe ir a Santiago e logo a Ourense para dirixirse a Madrid.

Deste xeito, e tras "ir 100 quilómetros para atrás, para facer 100 quilómetros cara a adiante", o tempo de viaxe entre Vigo e Ourense en AVE sería o mesmo que usando o tren tradicional. "Sería o mesmo tempo despois de investir miles de millóns. Poderíanllos aforrar", constatou.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS