Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 22.07.2019 Actualizado 13:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Caballero prevé unha "maioría de votos progresistas nas municipais" fronte a un "Feijóo fóra de xogo"

Caballero nun acto de campaña - FOTO: PSDEG
Caballero nun acto de campaña - FOTO: PSDEG

SANTIAGO. EP  | 13.05.2019 
A- A+

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou que nas eleccións municipais haberá unha "maioría de votos progresistas" en Galicia, coas forzas "progresistas" gobernando nas principais cidades galegas, fronte á "picada" dun PP no que Alberto Núñez Feijóo "está descolocado e fóra de xogo".

Durante un acto de campaña celebrado en Moaña, no que acompañou á candidata socialista Marta Freire, o líder dos socialistas galegos subliñou que o PSOE está "en ascenso" e as eleccións municipais reflectirán que "a maioría social de Galicia lle din non ao PP e o retira das capacidades de Goberno das principais cidades galegas".

En referencia ás enquisas electorais que este domingo prognostican o crecemento do PSOE e o descenso do PP, Gonzalo Caballero sinalou que reflicten que os socialistas contan con equipos e candidatos "contrastados e capaces de liderar unha aposta polo futuro de Galicia fronte ao retroceso, a inmobilidade e atraso do PP".

"Feijóo está fóra de xogo, hoxe empeza a dicir que non sabe que vai facer da súa vida política, que abre a porta a outras actividades", agregou Gonzalo Caballero, para quen "Feijóo quedou descolocado desde as eleccións xerais".

O secretario xeral dos socialistas galegos sostén que "Feijóo sabe que o problema do PP non foi a división da dereita senón unha maioría progresista clara e rotunda fronte ao PP", xa que "o 45% dos galegos votaron a forzas progresistas, encabezadas polo PSdeG para rectificar e suspender a Feijóo á fronte da Xunta".

Ante esto, confía en que as "forzas progresistas" poidan gobernar nas cidades galegas "e o PSdeG na maioría", pero tamén nas pequenas localidades nas que denunciou que o PP "fracasou nas súas políticas".

Neste sentido, a candidata en Moaña, Marta Freire criticou a postura da Xunta para a construción do novo centro de saúde, xa que "non acepta" os terreos propostos para o novo centro de saúde, "cando catro anos antes si que valían, cando gobernaba o PP", nunha mostra, ao seu xuízo, do "menosprezo aos concellos nos que non goberna".

Ademais de apostar pola mellora da sanidade, a candidata en Moaña tamén propón avanzar na unión coa costa e na mellora da mobilidade interior.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS