Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 19.09.2017 Actualizado 20:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Caballero reitera: "Dáme exactamente igual quen sexa o secretario xeral do PSdeG, eu son alcalde de Vigo"

VIGO. EP  | 15.07.2017 
A- A+

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este venres que "non ten tempo para máis" que para ser rexedor e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), e insistiu en que lle dá "exactamente igual" quen sexa o próximo secretario ou secretaria xeral do PSdeG.

A preguntas dos xornalistas sobre o anuncio de Gonzalo Caballero, sobriño do alcalde, de que está disposto a presentarse ás primarias galegas, o rexedor olívico foi contundente: "Vostede cre que teño tempo para dedicarme a atender aos que queren optar (á secretaria xeral do PSdeG)? A min dáme exactamente igual quen sexa o secretario xeral, eu son o alcalde de Vigo", sentenciou.

Caballero subliñou que manterá a súa dedicación á FEMP e ao goberno municipal vigués, cun modelo "que tenta copiar toda España". "A 8.000 concellos gustaríalles facer o mesmo que facemos aquí, e gustaríalles ter o mesmo resultado que tivemos aquí", incidiu.

Así mesmo, repetiu que a súa intención é seguir "levando adiante a cidade" e atendendo aos vigueses, polo que non ten "tempo para máis, nin sequera para opinar doutras cousas nin de política partidaria".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS