Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Domingo 26.05.2013  | Actualizado 02.18

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

"ningunha restrición"

Cadeas de supermercados apostan por que liberdade horaria en Galicia

Negan que se venda por debaixo do prezo de custo o leite para que funcione como produto reclamo e táchano de "lenda urbana"

SANTIAGO. EP  | 21.06.2012 
A- A+

A Asociación de Cadeas Españolas de Supermercados (ACES), que aglutina ao 40% dos establecementos que opera en Galicia, aposta por que "non haxa ningunha restrición" para o exercicio da actividade empresarial e se estenda á Comunidade galega a liberdade horaria implantada en Madrid.

"As contas de se compensa abrir en domingos e festivos deben botalas as empresas e o propio consumidor", formulou o director xeral de ACES, Aurelio del Pino González, nun encontro informativo con medios de comunicación, no cal avanzou que exporán esta formulación á Xunta.

Esta asociación --na cal están integrados os supermercados da cadea Dia, Eroski, Supercor, Carrefour e LIDL, ademais de Sabeco, que non ten implantación en Galicia-- defende que tal e como está a economía, "España non se pode permitir o luxo de establecer restricións" sobre actividades que poidan experimentar un incremento da actividade".

Ademais, ACES rexeita que a Administración intente vender "con efecto regulatorio" para a protección do pequeno comercio medidas como as restricións ás grandes superficies comerciais, porque asegura que "quen ten que determinar se sobran ou se faltan" determinados establecementos "son as empresas e os consumidores".

Neste punto, Aurelio del Pino avogou por que a intervención administrativa se produza só se hai unha razón de interese xeral" que a xustifique. Neste sentido, lamentou que a Xunta pasara de manter un perfil baixo en canto á súa intervención administrativa, a aplicar medidas como o decreto polo que se regula o procedemento para a obtención da Autorización Comercial Autonómica dos establecementos comerciais de superficie igual ou superior aos 2.500 metros cadrados, porque cre que desta forma "vai a contracorrente".

PREZOS DO LEITE

Por outra banda, do director xeral de ACES negou con rotundidade que empresas de distribución vendan por debaixo do prezo de custo no caso de produtos que poderían funcionar como reclamo, tal e como podería ser o leite. "Rotundamente non. É unha lenda urbana", respondeu ao respecto e subliñou que existen uns mecanismos tan regulados que fan doadamente detectables pola administración este tipo de prácticas.

Sobre os prezos do leite, Aurelio del Pino destacou a importancia dos contratos obrigatorios porque dotan de estabilidade ao sector, unha premisa básica para a distribución. Así mesmo, recordou que ACES impulsou un estudio sobre a cadea agroalimentaria no seu conxunto que concluía, como parámetros clave para a competitividade deste sector, que os produtores contasen cunha dimensión axeitada e que lograsen integrar o máximo posible toda a cadea de valor.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS