Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 22.05.2013  | Actualizado 10.31

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

transportaba órganos para transplantes

Cae unha avioneta en Santiago cerca de Lavacolla e morren os seus dous tripulantes

Os falecidos no accidente son Alejandro Bueno e Daniel Fernández, de 37 e 35 anos // O accidente produciuse na manobra de aterraxe pouco despois das 7 da mañá // O avión 'Cesna', da compañía Airnor, viaxaba de Asturias a Santiago

02.08.2012 
A- A+

Os dous tripulantes da avioneta que este xoves se estrelou nunha zona de monte próxima ao aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela, resultaron falecidos, segundo informa o 061. A central de coordinación de urxencias sanitarias recibiu unha alerta por unha avioneta que se estrelou ao tentar aterrar no aeroporto de Lavacolla ás 7.17 horas deste xoves.

Os falecidos no accidente dunha avioneta en Santiago este xoves son Alejandro Bueno e Daniel Fernández, de 37 e 35 anos, respectivamente, segundo informou o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez.

Alejandro Bueno era natural de Barcelona e Daniel Fernández de Bilbao, aínda que residía na cidade condal, segundo os datos que achegou Samuel Juárez, que se desprazou este xoves até o lugar do sinistro, na aproximación cara ao aeroporto de Lavacolla pola cabeceira Norte.

O avión 'Cesna', da compañía Airnor e que realizaba transporte de órganos para transplantes, viña de Asturias a Santiago. Con saída ás 5.38 horas e chegada prevista ás 6.25 --segundo o plan de voo--, perdeu contacto coa torre de control do aeroporto de Lavacolla ás 6.38 horas. 

Ás 7.05 achouse o aparello na aproximación cara ao aeroporto pola cabeceira Norte. O sinistro tivo lugar no medio dunhas condicións de visibilidade adversas debido á presenza dunha intensa néboa.

Ao lugar do incidente enviáronse unha ambulancia asistencial e outra medicalizada. O accidente saldouse coa morte de dúas persoas das que, polo momento, descoñécense máis datos.

O sinistro, que non provocou incendio, tivo lugar no medio dunhas condicións de visibilidade adversas debido á presenza dunha intensa néboa.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS