Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 09.12.2019 Actualizado 13:50
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Cámara despide cun aplauso unánime a Leiceaga, que levará as "demandas" de Galicia ao Senado

O socialista móstrase "emocionado" ante as palabras de recoñecemento de todos os portavoces do Parlamento galego

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19/11/2019.-El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se acerca al escaño del exportavoz socialista, Joaquín Fernández Leiceaga, para felicitarlo tras ser elegido senador, en presencia del del portavoz, Gonzalo Cabellero (d), en un pleno del Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela - FOTO: EFE/LAVANDEIRA JR
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19/11/2019.-El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se acerca al escaño del exportavoz socialista, Joaquín Fernández Leiceaga, para felicitarlo tras ser elegido senador, en presencia del del portavoz, Gonzalo Cabellero (d), en un pleno del Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela - FOTO: EFE/LAVANDEIRA JR

SANTIAGO. EP  | 21.11.2019 
A- A+

Un sonoro aplauso uniu a todos os deputados da Cámara galega para render homenaxe ao até agora portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, con motivo da súa marcha para ostentar a responsabilidade de senador por designación autonómica.

Ao termino da sesión plenaria deste mércores, os portavoces dos distintos grupos e o propio presidente do Lexislativo galego, Miguel Santalices, pronunciaron unhas palabras para destacar a traxectoria de Leiceaga e desexarlle sorte na súa nova etapa na Cámara alta.

"Grazas por demostrar que defender os intereses lexítimos dun grupo non é incompatible co rigor e a predisposición para chegar a acordos", agradeceulle Santalices, que recoñeceu a "lealdade" dun deputado "institucional" que "sempre puxo por encima de todo" ao Parlamento de Galicia.

Nesta liña, o voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, referiuse aos "caprichos da vida" para lembrar os moitos ámbitos nos que el e Leceiaga estiveron "xuntos", desde as aulas da facultade ao "mar de Noia" ou os "campos de deporte".

"Non despido a un amigo, despido a un rival que pecha unha etapa no Parlamento de Galicia", sinalou Puy, que expresou que o socialista "honrou" a Cámara galega por exercer a oposición de forma obxectiva e "con intelixencia", así como con "unha dialéctica que resultou inspiradora para os seus rivais".

"Por iso, debe constar o respecto que o PP lle ten, así como o desexo compartido de que vostede siga facendo o que fai no Senado, porque será moi bo para Galicia", augurou.

"ESTARÁ ONDE QUEIRA ESTAR"
Na súa intervención, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, puxo en valor a "arte da política" feita por 'Xocas' ao longo da súa traxectoria e puxo en valor o seu compromiso e o seu "servizo" a Galicia.

"Non é unha despedida, cambia de lugar e espazo para seguir sendo unha parte fundamental do noso traballo político", expresou o político vigués, que volveu a deixar claro que "Leiceaga estará onde queira estar".

"Considera que debe estar noutro lugar", expresou Caballero, que lembrou que esta xa é "a segunda etapa" de Leiceaga no Parlamento de Galicia. "E non hai dous sen tres", advertiu.

"UNHA DAS PERSOAS MÁIS CUALIFICADAS"
Pola súa banda, tamén lembrou os tempos da facultade o parlamentario do Grupo Común da Esquerda Manuel Lago, aulas ás que chegou "un pipiolo" Leiceaga cando el xa era un "veterano". "Creo que o Parlamento de Galicia perde a unha das persoas máis cualificadas que temos, un dos mellores economistas e un dos mellores políticos que ten este país", subliñou.

Após iso, augurou que o socialista será "un senador estupendo representando as ideas progresistas deste país". "Sen dúbida, ímolo a botar de menos", indicou.

"NOVA ETAPA"
Na súa quenda de palabra, a líder dos nacionalistas galegos, Ana Pontón, considerou que a marcha de Leiceaga non se trata dunha "despedida" da política senón dunha "nova etapa". "Imos perder a un deputado que sempre defendía con moita paixón as súas ideas", indicou para asegurar que os "encontros e desencontros" con el permitían ao interlocutor "enriquecerse".

"Parécenos que ese cambio de perspectiva --en referencia ao seu traballo no Senado-- ten unha responsabilidade engadida polo feito de ser representante do Parlamento de Galicia, un plus nunha institución que necesita que a prestixien". "Que teña moitos éxitos e que sexan éxitos para todos os galegos".

Pola súa banda, o voceiro do Grupo Mixto asegurou despedir "máis a un amigo que a un adversario" ao que deu as grazas polo moito que lle permitiu aprender sobre a economía pública de Galicia.

"EMOCIONADO"
O propio Leiceaga, que recoñeceu sentirse "emocionado" ante esta homenaxe, agradeceu o recoñecemento dos seus compañeiros após "dez anos" en distintas etapas do Parlamento de Galicia, institución que definiu como "unha parte moi importante" da súa vida.

O socialista comprometeuse a "estar pendente e tentar levar" ao Senado todas as "demandas" e reivindicacións que se fagan desde a Cámara galega, "sempre defendendo a liña" do seu partido.

Ademais, reivindicou a Cámara como "lugar no que se contrastan as ideas", exprésase o pluralismo e se concitan vontades. "Pido que me desculpen se nalgún momento o meu comportamento desagradou. Tentei facer defensa das miñas ideas coa maior das cordialidades", manifestou para chancear con que nunca tivo que ser chamado á orde na Cámara.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS