Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 16.10.2017 Actualizado 13:18
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Un 4% máis

A campaña de rebaixas de verán xerará 6.100 empregos en Galicia, segundo Adecco

SANTIAGO. EP  | 19.06.2017 
A- A+

A campaña de rebaixas de verán xerará 6.100 empregos en Galicia, un 4% máis que durante o ano 2016, segundo as previsións de Adecco, que sitúan á comunidade galega nun punto intermedio en canto a estimacións por autonomías.

Por provincias, Pontevedra liderará a contratación en Galicia, cos seus 3.000 postos de traballo vinculados ás rebaixas. Séguelle de preto A Coruña, con 2.400 e con cifras moito máis reducidas quedan Ourense (380) e Lugo (340).

No conxunto estatal, as rebaixas de verán suporán a creación de 155.500 empregos, un 7% máis. Adecco resalta que, un ano máis, o consumo será "o epicentro" desta campaña, que se inicia oficialmente o próximo 1 de xullo na maioría das comunidades autónomas.

Sectores como o de distribución e retail, comercio e loxística e transporte serán os principais motores de creación de emprego, de acordo coas súas previsións.

En concreto, segundo Adecco, a contratación para os sectores de distribución e retail e comercio pode incrementarse ata nun 30% con respecto a outros meses do ano. Se se compara co emprego xerado na mesma campaña de 2016, o crecemento pode chegar nalgunhas zonas ao 20%.

No sector da loxística e o transporte, imprescindible na actualidade polo auxe do e-commerce, o incremento interanual do emprego podería alcanzar o 8%.

POR CC.AA.

Por comunidades autónomas, serán Cataluña (31.800), a Comunidade de Madrid (21.800) e Andalucía (18.900) as que máis notarán a campaña de rebaixas, xa que xerarán 72.500 empregos entre o tres, preto da metade de todo o país.

Os maiores incrementos, en cambio, experimentaraos a Comunidade de Madrid, cun crecemento interanual do 12%, seguida de Cataluña, que xerará un 10% máis de empregos que en 2016, e a Comunidade Valenciana, que mellorará as súas cifras nun 8%.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS